Bases contratación ludotecas de verán 2014
A Xunta Directiva de FANPA-PONTEVEDRA ven de aprobar as bases para a contratación das ludotecas de verán de 2014 no Concello de Pontevedra.
O prazo para presentacións das citadas propostas será ata o día 15 de maio e
deberán remitirse ao apartado de correos 511, 36080 Pontevedra
Lembramos a importancia de respectar o anonimato na presentación das propostas, do contrario quedaría incluído do proceso selectivo.
No documento anexo poden descargar as bases para participar no concurso.
Calquera dúbida pode ser remitida nos contactos habituais da FANPA
actividades@nontedurmas.org ou no 986843412
Tanto as preguntas como as respostas serán publicadas neste mesmo espazo web.
PREGUNTAS FRECUENTES
1.Dende que data se poden acreditar os anos de experiencia da empresa en servizos de ludoteca?
Para solvencia técnica as empresas poderán achegar os certificados correspondentes aos anos naturais 2011,2012 e 2013 e deberán recoller os servizos obxecto da contratación coas datas concretas, o número de persoas beneficiarias segundo recolle o punto 6 das bases.
2.A que se refire no criterio A do punto 9 das bases ferramentas e instrumentos para executar actividade?
Son todos os recursos técnicos necesarios para realizar a actividade e que achegaría a empresa, por exemplo, ventiladores.
3.O sobre 1 non se abre se non se alcanza a puntuación máxima?
Todos os sobres se abren antes da adxudicación, no entanto, o sobre 1 abrirase e puntuarase unha vez que a mesa de contratación teña puntuados os sobres 2 e 3.
4. Os tramos da proposta económica son totais ou individuais?
Os tramos da proposta económica presentaranse de forma individual, é dicir, por ludoteca mensual e quincenal.As empresas terán en conta que a cantidade que figure en cada tramo hai que multiplicala polo número de quincenas ou meses que lle corresponda.Isto é:
Tramos de alumnado |
Para cada ludoteca de 80/100 alumnos/as máximo |
Tramos de alumnado |
Para cada ludoteca de 30 alumnos/as máximo |
De 81 a 100 |
|
de 10 a 30 |
Quincenal: |
Mensual: |
|||
de 66 a 80 |
Quincenal: |
|
|
Mensual: |
|||
de 20 a 65 |
|
|
|
5.Que actividades puntúan no criterio E?
Puntuarán todas as actividades relacionadas con actividades similares aos servizos de ludoteca.
As actividades extraescolares tamén se terán en conta pero puntuaranse sobre todo as ludotecas realizadas para as administracións.
6. Nas melloras complementarias hai que poñer o valor da mellora?
Si, a mellora ten que recoller o valor económico real .