ScreenShot046.png

A ANPA «A Carballeira de Lourizán» presenta Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías

A ANPA «A Carballeira de Lourizán» quere convidar a todos os interesados a participar na charla que persoal da Policía Nacional vai expoñer sobre os riscos que hoxe en día confrontamos as nais e pais nun ambiente no que as telecomunicacións e, en xeral, a tecnoloxía das redes sociais están a mudar o escenario no que os nosos fillos teñen que socializarse. A temática da charla afrontará concretamente os incidentes de acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía. ScreenShot046.png O acto que terá lugar este venres pola mañá, ás 9h está aberto a todas as familias aínda que non formen parte da comunidade escolar do Centro. Esta actividade forma parte do Plan Director de Convivencia que impulsa a Xunta de Galicia