Ponte a conducir 2023 en Poio
Unha nova edición co lema “Transporte seguro, curso feliz”, a oitava, da actividade de formación viaria para nenos que organizamos en colaboración con todos os socios da plataforma.
FANPA organiza en colaboración coa Policía Local de Poio, a Garda Civil de Tráfico, Dirección Xeral de Tráfico, Protección Civil de Pontevedra e Poio, Cruz Vermella, Help Flash, Subdelegación do Goberno, Deputación Provincial, Concello de Poio, así como diversas entidades privadas.
O obradoiro celebrarase na seguinte data:
- Poio: sábado 16 de setembro de 2023, ás 10.00 horas no circuíto de Educación Vial na Seca – Poio.

HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.
Inscricións ata o 15 na oficina e ata o propio día 16 setembro por correo electrónico.
A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través do correo electrónico info@nontedurmas.org, achegando os seguintes datos:
- Nome e apelidos do/a participante
- Curso escolar
- Centro educativo ao que pertence
- ANPA (se é socio)
- Nome do pai, nai ou titor/a responsable
- Teléfono de contacto
- Enderezo
TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.
NORMAS DURANTE A ACTIVIDADE: Todos os participantes deberán estar acompañados dun adulto responsable que permanecerá na zona para as familias. Os participantes deberán seguir as normas que estableza a organización , tanto dentro do circuito como durante a actividade.
CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre un aspecto da seguranza viaria, do que se publicarán detalles en breve.
Bases do concurso de debuxo:
Comentarios0