Programa de enriquecemento para o alumnado con altas capacidades. O Programa EUREKA, que parte da atención ás Intelixencias Múltiples, ten coma finalidade atender ás necesidades educativas e psicosociais do alumnado con altas capacidades. Consideramos que o motor da aprendizaxe debe partir da implicación dos rapaces e das rapazas e, para que esta implicación sexa real e significativa, entendemos que se lles debe proporcionar un espazo libre e enriquecedor que permita: a toma de decisións flexible, a superación de retos, a investigación, a adquisición de habilidades e a resposta a necesidades individuais e grupais. Tendo en conta isto e as posibilidades das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, partiremos do seu aproveitamento para a construción dun espazo de comunicación fluída no que elaborar un proxecto común. Deste xeito, os aspectos xenéricos que imos traballar serán: – Cooperación e traballo en equipo: transmitir que sumando esforzos chegamos máis lonxe, que as dinámicas que se xeran nun equipo contribúen tamén ao desenvolvemento individual. – Autoestima: Traballar a auto estima como maneira de aprender a xestionar os fracasos e os éxitos na vida. – Auto descubrimento: traballar na idea de que o alumnado debe procesar as experiencias, vivilas, e aprender a xestionalas de maneira cada vez máis autónoma. – Creatividade: favorecer que o alumnado dispoña de recursos e ferramentas para que integre unha visión creativa no desenvolvemento dos traballos e as actividades en xeral. – Pensamento diverxente: aprender que moitas veces hai máis dunha solución aos problemas. Romper co esquema “problema A – solución B” para entrar nunha dinámica de busca de múltiples solucións alternativas. – Pensamento crítico: reforzar a capacidade de cuestionar de xeito razoado e argumentado aquilo establecido socialmente.
Información e contacto: FANPA Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org ANIAS: r/ Echegaray 39 baixo, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es
O Programa PAE é un Programa de Apoio Específico dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria que presenta necesidades derivadas do diagnóstico de diferentes trastornos como poden ser o Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH),Trastorno de Espectro Autista (TEA), Trastornos de Aprendizaxe… Sendo conscientes das necesidades dos/as escolares que presentan estes trastornos tomouse a iniciativa de crear este Programa para promover actuacións e intervencións que permitan unha resposta adaptada ás necesidades de cada participante. Ditas actuacións están dirixidas tanto á intervención educativa con estes alumnos e alumnas como ao asesoramento e orientación das familias, mantendo sempre a comunicación e a colaboración cos centros escolares aos que pertence cada participante. Intervención terapéutica en grupo co neno/a dende dúas liñas de traballo: – Atención Cognitiva (unha sesión á semana) – Atención Psicomotriz (unha sesión á semana)Formación dirixida ás familias , onde as profesionais que interveñen cos nenos/as facilitan ás familias información actualizada, estratexias e ferramentas precisas que permiten favorecer unha comunicación positiva que posibilite unha melloría do autoconcepto e da autoestima de tódolos membros/as da familia, en especial do neno/a con NEE. Colaboración co centro escolar, a través de reunións periódicas das profesionais do Programa co departamento de orientación e o titor/a do neno/a, o que permite tanto facilitar e optimizar o asentamento dos avances alcanzados nas sesións como asesorar ás familias dende unha perspectiva interdisciplinar.
Información e contacto FANPA Pontevedra: r/ Xan Guillerme 9, 986 843 412 ou no e-mail actividades@nontedurmas.org ANIAS: r/ Echegaray 39, 986 864 598/ 615 780 528 ou no e-mail extraescolares@anias.es
Playing English (premer na imaxe para ter a info completa da actividade)
Relacionado
Debe estar conectado para enviar un comentario.