Cálculo mental con ábaco en Marín

Estimados/as pais/nais: 

Informámovos  de que para este curso 2014/2015 a FANPA e o Concello de Marín porán en marcha a actividade de cálculo mental co Ábaco.

Co gallo de que vos informedes das condicións e coñezades mellor a actividade, o vindeiro xoves día 25 de setembro ás 17.00 horas terá lugar unha reunión informativa na biblioteca municipal de Marín.

O ábaco é unha popular ferramenta usada para realizar Cálculos Matemáticos con  velocidade e precisión. É a maneira máis sencilla e práctica para aprender aritmética e desenvolver a capacidade intelectual. O ábaco é o dispositivo de cálculo máis antigo do mundo.

O ábaco  demostrou ser un programa esencial para o desenrolo do cerebro dos nenos. É a base para unha forte aptitude matemática e mellora a concentración en todas as outras áreas. Varios estudos demostraron que as persoas que aprenden co  ábaco usan ambos hemisferios do cerebro  e así desenvoolven o potencial oculto da mente humana.

O/a neno/a que se inicia na aprendizaxe do ábaco a curtas idades  transforma en imaxes as cantidades a representar.

Promóvense habilidades de forma natural e motivadora, lévase sutilmente ós alumnos/as a investigar novas técnicas para resolver problemas. Cando xogan, o nivel de ansiedade baixa, a comunicación flúe, o interese crece e a concentración permanece.

 

PREZO DA ACTIVIDADE: (sesións de 1 hora e media semanal)

Matrícula: 45 euros

Alumnos/as de centros públicos pertencentes a ANPA federada na FANPA: 22 euros/mes

Resto de alumnos: 30 euros/mes

Ficha de inscrición