Actividades educativas do curso 2012/13.
Do mes de outubro ao mes de xullo.
A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación, encargárase de organizar e supervisar os seguintes proxectos:
ACTIVIDADES EDUCATIVAS PARA ALUMNOS/AS DE EDUC. INFANTIL E PRIMARIA
o PROGRAMA TDAH: Debido o crecente diagnóstico deste trastorno considerouse necesario desenvolver un programa de apoio ás familias e ao entorno educativo.
A intervención lévase a cabo dende varias liñas de traballo:
- A cognitiva(1 hora semanal por grupo).
- A Psicomotriz, (1 hora semanal por grupo)
- Intervención coas familias.
- A colaboración co entorno educativo.
O día 17 de outubro ás 20:00h teremos unha charla explicativa sobre o Programa no salón de actos da Biblioteca Municipal de Marín.
o ACTIVIDADE DE INGLÉS PARA EDUC. INFANTIL E EDUC. PRIMARIA:
Workshops:Playing in English (Infantil, 1ºciclo de Primaria) O Obxectivo é desenvolver as habilidades necesarias para unha comunicación oral, fluída, por medio de xogos, lecturas, teatro, debates, etc.
· Lugar: Casa Principal da Granxa de Briz
· Horario: Os sábados de 10:00h a 12:00h na Casa Principal da Granxa de Briz.
· Custo Socios/as de ANPA Federadas: 29 €/mes Non Socios/as: 35 €/mes
· Material Didáctico:O custe aprox. do libro é de 24.50 €
O día 17 de setembro ás 20.00h teremos unha Charla explicativa sobre a actividade no salón de actos da Biblioteca Municipal.
Preparación dos exames da Universidade de Cambrige ( 2º e 3º ciclo de Primaria) O obxectivo e potenciar a adquisición de competencias na lingua inglesa, preparando os/as nenos/as para que obteñan os correspondentes certificados de recoñecemento internacional, traballando dous niveis Starters, Movers (3º e 4º primaria) e Flyers (5º e 6º primaria).
· Lugar: Casa Principal da Granxa de Briz
· Horario: Os martes de 16:30h a 18:30h o 2º ciclo e os venres de 18:00h a 20:00h o 3º ciclo de Educ. Primaria
· Custo Socios de ANPA Federadas: 31 €/mes. Non Socios: 37 €/mes.
· Material Didáctico: O custe aprox. do libro é 19.92 €.
O día 24 de setembro ás 20.00h teremos unha Charla explicativa sobre a actividade no salón de actos da Biblioteca Municipal.
MÉTODO DE ARITMÉTICA MENTAL CON ÁBACO (UCMAS): É un programa de desenvolvemento intelectual deseñado para estimular unha utilización máis completa do cerebro, especialmente do hemisferio dereito. UCMAS contribúe a desenvolver a concentración, memoria visual e auditiva, autoconfianza, creatividade e en definitiva, as competencias básicas necesarias, para ser quen de afrontar calquera reto que requira esforzo mental.
· Destinatarios/as:nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos.
· Niveis: os grupos estarán distribuídos en dous niveis por idades:
GRUPO KG: nenos e nenas de 5 a 7 anos
GRUPO BASIC: nenos e nenas de 8 a 13 anos
· Data de realización: de outubro de 2012 a xuño de 2013
· Días e horario: dúas horas semanais por grupo
Luns e mércores de 16:30h a 17:30h – GRUPO KG: nenos e nenas de 5 a 7 anos
Luns e mércores de 17:30 a 18:30h – GRUPO BASIC: nenos e nenas de 8 a 13 anos
· Prezo: Socios/as ANPA Federadas 40 €/mes. Non socios: 43 €/mes
· Material do alumnado: O material do alumno inclúe dous libros por nivel, un caderno de exercicios por nivel, o estoxo co ábaco ao comezo do programa e as certificacións de cada nivel. O custo do material para cada curso escolar será de 30€ máis IVE.
O día 19 de setembro teremos unha Charla-coloquio sobre o Método UCMAS no Comedor do CEIP Manuel Vidal Portela, ás 20:00h. As persoas interesadas terán que inscribirse no e-mail: actividades@nontedurmas.org, do día 17 e 18 na FANPA de 9:30h a 13:30h no teléfono 986 84 34 12 ou no teléfono da empresa Anias 649 346 457 das 16:00h a 20:00h.
INSCRICIÓNS:
· Todos os interesados deberan cubrir o boletín de inscrición e entregalo na Casa Principal da Granxa de Briz, de 16:30h a 18:30h, dende o martes día 18 ata o venres día 28 de setembro ou por correo electrónico: actividades@nontedurmas.org.
· Poderán descargar a ficha de inscrición no web: www.nontedurmas.org ou recollela na propia FANPA, Rúa Alfonso XII nº7 3º andar, Pontevedra. será por rigoroso orde de inscrición.
· Terán prioridade os/as socios/as das ANPA Federadas.
· As listaxes definitivas colgáranse no web o día 3 de outubro.
· É preciso xustificar a condición de socio/a de ANPA Federada mediante a copia de pago da cota ou por certificado do/a secretario/a da ANPA.