Actividade extraescolar de inglés para IES.

PREPARACIÓN DOS  EXAMES DE CAMBRIDGE: KET, PET and FIRST

Á atención dos pais/nais dos alumnos de 1º/2º/3º/4º de ESO e 1º de BCHTO:
    Dende a Federación provincial de ANPA dos Centros Públicos (FANPA), buscando a excelencia na formación académica, queremos potenciar a adquisición da competencia na lingua inglesa, preparando ó alumnado que así o desexe para a obtención de diversos certificados  do idioma inglés recoñecidos internacionalmente e expedidos pola Universidade de Cambridge. Preténdese que ó rematar o proceso consigan o título de FCE (First Certificate in English), equivalente ó B2 do Marco de Referencia Europeo (cuarto nivel da clasificación do Consello de Europa). Estas clases desenvolveranse no  horario extraescolar en colaboración coa empresa Global Project, experta na formación de idiomas.
Nosa proposta é a seguinte:
•Alumnos/as de 1º e  2º de ESO: preparación para o KET (Key English Test – nivel A2), calificación básica do nivel de inglés e un primeiro paso cara os  demais exames de Cambridge para adultos. O  KET cubre as catro destrezas principais: lectura, expresión escrita, comprensión auditiva e expresión oral.
•Alumnos/as de 3º e 4º de ESO: preparación para o PET (Preliminary English Test – nivel B1), certificado que corresponde a un nivel pre-intermedio e demostra a capacidade do candidato para defenderse en diversas situacións sociais e laborais no  mundo da fala inglesa.
•Alumnos/as de 1º de BCHTO: preparación para  o FCE (First Certificate in English – nivel B2), que evalúa a  competencia xeral na lingua inglesa. Este certificado goza de gran recoñecemento tanto no ámbito empresarial como en moitas institucións académicas. Aparte das catro habilidades xa comentadas antes, tamén se examinan de Use of English (gramática).
LUGAR E HORARIOS: Na  Casa Principal da Granxa de Briz.   De 16:00h a 18:00h  clases para a preparación do PET e o FIRST e de  18:00h a  20:00h os/as  alumnos/as para o KET.
CUSTO:       Socios de ANPA Federadas: 37 €/ mes, en grupos de entre 7 y 13 alumnos
                      No socios:             46 €/ mes, en grupos de entre 7 y 13 alumnos                               
MATERIAL DIDÁCTICO:

•Para a preparación do KET: O custe aprox. do  libro é  33.90  € e do Workbook: 21.90 €.
•Para o PET: O custe aprox. do libro é: 34.00 € e do Workbook: PET 1: 21.90 € E PET 2:18.60 €.
•Para o FCE: O custe aprox. do  libro é   36.90 € e o Workbook: 21.00 €.
•A FANPA creará unha “bolsa  de libros” para os socios das ANPA Federadas, os interesados/as, deberán asinar a súa inclusión no programa na ficha de inscrición, comprometéndose a devolver o citado libro ao remate /baixa do nivel correspondente,   o custo do libro para os “Bolseiros” será de  10.00 €.
•A “Bolsa de libros” soamente é para os libros de texto, o alumnado terá que mercar o workbook, ben a propia empresa ben na libraría.

INSCRICIÓN:

•Todos os/as interesados/as deberán cubrir o boletín de inscrición e entregalo na Casa Principal da Granxa de Briz,   de 16:30h a 18:30h, dende o martes día 25 ata o venres día 28 de setembro ou por correo electrónico: actividades@nontedurmas.org.
•Poderán descargar a ficha de inscrición no web: www.nontedurmas.org ou recollela na propia FANPA, Rúa Alfonso XII nº7 3º andar,  Pontevedra. será por rigoroso orde de inscrición.
•Terán prioridade os/as socios/as das ANPA Federadas.
•A listaxe definitiva colgarase no web o día 3 de outubro.
•É preciso xustificar a condición de socio/a de ANPA Federada mediante a copia de pago da cota ou por certificado do/a secretario/a da ANPA.

Aínda que inicialmente a organización dos grupos farase en base ó curso escolar, o venres 5 de outubro realizarase  os/as alumnos/as unha proba de nivel na Casa Principal da Granxa de Briz  para axustar os cursos en función dos resultados.

Faremos unha reunión o vindeiro luns   día 24 de setembro dende as 20:00h ate as 21:00h no Salón de Actos da Biblioteca da Municipal de Marín para informarlles de todo o referido á actividade.

A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra resérvase o dereito a unificar os/as usuarios/as.