Inicio dos servizos de comedor e madruga o día 5 de outubro
Unha vez producida a validación por parte da Xunta do protocolo para os servizos de madruga e comedor redactado por FANPA, anunciamos que os servizos comezarán o vindeiro luns día 5 de outubro nos centros públicos dos concellos de Pontevedra e Marín que os teñen xestionados por FANPA.
Agradecemos ás ANPA o apoio prestado nestas semanas, mentres se facía todo o posible por acadar as condicións necesarias para a prestación dos servizos nunhas condicións axeitadas. Tamén agradecemos ás familias a paciencia mostrada fronte a incógnita do inicio destes servizos tan necesarios para a conciliación.
Nestes días ata o inicio do servizo, FANPA e ARUME levaremos a cabo as tarefas necesarias para implementar o protocolo nos madruga e comedores xestionados, coordinando as medidas recollidas nel coas direccións dos centros onde se prestan os servizos.
Os prezos dos servizos sen aplicar as subvencións serán:
Comedor | Madruga con almorzo | Madruga sen almorzo | |
5 días | 106,37 | 73,65 | 58,17 |
4 días | 85,10 | 58,92 | 46,53 |
3 días | 63,82 | 44,19 | 34,90 |
2 días | 42,55 | 29,46 | 23,27 |
1 día | 21,27 | 14,73 | 11,63 |
Estamos ultimando os prezos definitivos dos servizos aplicando a subvención e os faremos públicos o antes posible.
Pontevedra, 28 de setembro de 2020
Descargar comunicado de inicio de servizos de comedor e madruga para o 5 de outubro
Comentarios1
Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.