FANPA NADAL 2026/2027

LUDOTECA DE NADAL
LUDONADAL (nenos/as de 3 a 12 anos)
Lugar de realización: CEPCampolongo e CEIP Manuel Vidal Portela.
Datas de realización: 22,23,24,28,29,30 e 31 de decembro de 2026 e os días 4,5,e 7 de xaneiro de 2027
Horario: 9:00 – 14:00 horas. Horario ampliado de 8:30 a 14:30 horas.
Prezo: 32€ socios/as de ANPA federada na FANPA, 37€ non socios/as de ANPA federada na FANPA e 42€ os de privado, concertado e demais casos.
*Haberá 1 monitor de NNEE por cada 5 usuarios con NNEE. As NNEE serán acreditadas documentalmente no momento da inscrición.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será pola modalidade á que os/as solicitantes pertenzan no caso das ludotecas. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade ou ludoteca, a FANPA poderá eliminala e devolverá o seu importe íntegro na oficina da FANPA.
PRAZOS DE INSCRICIÓN: Do 1de decembro ás 9:00 horas ao 7 de decembro ás 14:00 horas.
– LUDONADAL: a inscrición será telemática na web nontedurmas.org ou presencialmente, adxuntando a ficha totalmente cuberta, o xustificante de pago, ou pago con tarxeta bancaria e o xustificante de ser socio/a de ANPA federada na FANPA. O ingreso farase no número de conta de ABANCA: ES57 2080 5403 4030 4010 2986 (concepto: Nome do/a participante/ ludonadal).
OBRADOIROS POR DÍAS:
– OBRADOIROS DE NADAL: A inscrición faranse no local da FANPA de 9 a 14 horas, o pago será en efectivo ou mediante tarxeta bancaria. PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 1de decembro ás 9:00 horas ao 7 de decembro ás 14:00 horas.
Ou mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, enviando ficha cuberta, xustificante bancario de pago e xustificante de pertencer á ANPA.
As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.
COCIÑA DE NADAL (nenos/as de 5 a 12 anos)
Farán unha receita diferente cada día cunha temática navideña.
Lugar de realización: FANPA.
Datas de realización: 22,23,24,28,29,30 e 31 de decembro de 2026 e os días 4,5,e 7 de xaneiro de 2027.
Horarios: 10:30 – 11:45 horas.
Prezo por día e obradoiro: 4€ socios/as de ANPA federada na FANPA e 7€ non socios/as e demais casos.
ARTESANÍA DE NADAL (nenos/as de 5 a 12 anos)
Elaborarán un adorno artesanal diferente cada día, de distintas cores, formas e tamaños, para decorar o teu nadal.
Lugar de realización: FANPA.
Datas de realización: 22,23,24,28,29,30 e 31 de decembro de 2026 e os días 4,5,e 7 de xaneiro de 2027.
Horario: 12:00 – 13:30 horas.
Prezo por día e obradoiro: 4€ socios/as de ANPA federada na FANPA e 7€ non socios/as e demais casos.

Comentarios0