Conciliaverán 2024

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Logos-1024x191.jpg

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

>> Para Secundaria ofreceremos o campamento deportivo no mes xullo

PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA LUDOTECAS DE VERÁN 2024:

  • Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): do 20 ao 24 de maio de 9:00
    a 14:00 horas
    . Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición.
  • Vía telemática: dende as 9:00 horas do 20 de maio ata ás 1 4:00 horas do 24 de maio.
    Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes fa rase unha baremación cos seguintes criterios:

  • Situación escolar:
    • Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
    • Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (1 O puntos)
  • Situación socio-familiar:
    • Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
    • Dous ou máis fillos/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).
  • Situación laboral:
    • Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
    • Familia onde sé un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
    • Familia monoporental en situación laboral activa (20 puntos).

      En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.

      O 1 0% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.
  • DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ENTREGAR (entregarase toda xunta):
    • Ficha totalmente cuberta.
    • Fotocopia DNI do pai/nai/titor/a.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.
    • Volante de empadroamento actual.
    • Xustificante de pago de conciliaverán/s (non necesario no pago telemático).
    • Fotocopia do documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
    • Fotocopia do documento que acredite ser familia monoparental.
    • Documento que acredite onde estuda o neno/a (non necesario para socios/as).
    • Vida laboral ou fotocopia da cabeceira da última nómina.


      Non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula.



Folleto completo en PDF

DATAS

  • Períodos especiais do 24 ao 28 de xuño e en setembro do 2 ao 6 de setembro só en Campolongo.
  • Quendas quincenais de xullo e agosto en Marcos da Portela, Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses, Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira 2 (deportiva, só para primaria).
  • Quendas mensuais de xullo e agosto en Cabanas, Ponte Sampaio e Parada-Campañó.
    Na Carballeira e Marcón só durante xullo.

HORARIO

A actividade cobre de luns a venres -agás festivos- entre as 9.00 e as 14.00 horas, e dispón de horario ampliado de entrada a partir das 8.30 h e de recollida ata as 14.30 horas, sen custo engadido.

Servizos complementarios: Comedor e Madruga,

*Os prezos destes están pendentes de publicarse na páxina web de nontedurmas.org.
*OS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS tramitaranse directamente coa empresa, no número de teléfono 607634413 ou 986453040, en horario de mañá (9 – 1 4 horas).

LUGARES (centros escolares)

CRONOGRAMAS

PREZOS

(por neno e quenda)

Socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 40 €/quincena
– Mensual 65 €/mes
– Especial de xuño e setembro 40 €/semana

Non socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA

– Quincenal 60 €/quincena
– Mensual 75 €/mes
– Especial xuño e setembro 60 €/semana

Privados, concertados e demais casos

– Quincenal 75 €/quincena
– Mensual 80 €/mes
– Especial xuño e setembro 75 €/semana

As familias con 2 ou máis fillos matriculados no Conciliaverán terán un desconto de 5€ por neno/a

Ao solicitar ludoteca para 1 mes, nas de período quincenal, cobrarase o prezo das 2 quincenas correspondentes. Nas ludotecas de período mensual, cobrarase o prezo mensual.

Exemplo: 
Como socio de ANPA solicito todo o mes de agosto en Campolongo? Entón corresponde aboar o custo da 1ª e 2ª quincena dese mes = 40+40 €/mes por ser de períodos quincenais. 
Se solicito a ludoteca en Xeve entón o custo será de 65 €/mes por ser de quenda mensual.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (comedor e madruga)

Naqueles lugares de realización onde se ofrece. Deberá haber un mínimo de 10 usuarios/as día para o servizo de almorzos e 20 usuarios/as día para servizo de comidas.
Solicitaranse directamente coa empresa Arume, coas mesmas características e condicións que durante o curso escolar.

info@arumeservicios.gal – 607634413

  • Madruga, de 7,30 h ata as 9.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
  • Comedor, de 14.00 h ata as 16.00 horas e con ou sen almorzo (tamén uso esporádico)
    • Uso esporádico: Deberá chamarse á empresa para avisar o día anterior en horario de 9.00 a 14 horas nó móbil 607634413.

Menús e prezos

Menús

Documentación para preparar a inscrición presencial

Ficha correctamente cuberta

No caso das solicitudes presenciais en oficina, deberá entregarse toda a documentación xunta e non se admitirá ningunha matrícula que non teña a documentación completa. Non se aceptará documentación despois de estar feita a matrícula. Tanto para a matrícula presencial como telemática.

Copias de :
– DNI da nai/pai/titor
– Tarxeta sanitaria do menor
– Volante de empadroamento (ou conceder permiso á FANPA para consulta directa ao Concello)

  • Este certificado é necesario para a inscrición. Se non o ten e non pode obtelo electronicamente, debe indicar que autoriza a que a FANPA faga a consulta no Padrón Municipal. Puntuarase unha vez que fagamos a consulta.

– (Xustificante de pago adiantado polo banco se vai facer inscrición presencial con transferencia bancaria; na inscrición telemática existe a opción de acreditar o pago mediante transferencia ou pago con tarxeta de crédito, neste último caso o pago mediante a pasarela bancaria xa acredita o ingreso por si mesmo)

Número de conta para facer a transferencia

ABANCA:ES75 2080 5403 4130 4012 0558

poñendo como concepto“Nome e apelidos do neno/a” e “conciliaverán e quenda/s na/s que está inscrito/a”

– Acreditación de ser socio de ANPA federada (carné ou recibo)
– Acreditación de ser familia monoparental
– Certificación do centro escolar onde esta matriculado ordinariamente o menor (non é necesario para os socios de ANPA federada)
– Vida laboral ou cabeceira da última nómina

Prazo de presentación de solicitudes de matrícula

Presencial: no local da FANPA (r/Xan Guillermo, 9 de Pontevedra) do día 20 de maio ao 24 de maio en horario de 9.00 a 14.00 horas. Poranse computadores e persoal a disposición pública para realizar a inscrición.

Aviso para usuarios desde tfno. móbil: Se intenta descargar a ficha desde o móbil, debe facer unha pulsación longa sobre o botón “Descargar Ficha de inscrición”. Abrirase un menú despregable no que ten que escoller a opción “Descargar enlace”. Se lle dá un aviso sobre que non é un ficheiro seguro deberá aceptar “Descargar” ou “Continuar” para proceder agora si, á descarga.

http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2024/04/Ficha_Conciliaveran_2024.pdf

Telemática: Cubrindo o formulario en liña no enderezo seguro https://fanpa.gal desde as 9.00 horas do día 20 de maio ata as 14.00 horas do día 24 de maio sen interrupción.

Inscrición pechada

Normas do servizo

(Importante) > Consentimento informado

Normas (xerais)