Charla “Os menores ante as novas tecnoloxías”
A ANPA San Xosé do CEIP Campolongo organiza a charla Os menores antes as novas tecnoloxías, na que José Torres Meira, experto en privacidade e seguridade nas TICs, falará sobre os seguintes temas:
- Telefonía móbil
- Aplicacións de mensaxería instantánea móbil (Telegram, Whatsapp, Line, etc)
- Ciberbullying
- Sexting
- Grooming
- Redes Wireless (WIFI)
- Programas de descarga de contidos (P2P, torrent, etc)
- Redes socias
- Videoxogos
- Programas de control parental
D. José Torres Meira, ademais de de experto en privacidade, é esponsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica da Policía Xudicial na sección de Investigación Criminal. A súa experiencia en casos reais é extraordinaria, nun tema que nos afecta a todos como responsables da seguridade dos nosos fillos e como educadores no uso axeitado das redes sociais e das tecnoloxías da información.
Pola súa importancia a ANPA San Xosé invita a todos os pais e nais de Pontevedra para que asistan á charla, que terá lugar o día 4 de novembro de 2015 ás 20:30 h, no salón de actos do CEIP Campolongo, e terá unha duración de entre 60 e 90 minutos, ao longo dos cales poderemos preguntar ao relator calquera cuestión relativa ao tema da ponencia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.