Bases de contratación para Ludotecas de verán 2016
A FANPA abre desde hoxe o período de 15 días naturais para recibir propostas por parte das empresas interesadas nos concursos das Ludotecas de verán 2016 da Federación de ANPA da Provincia de Pontevedra.
O concurso conta coas bases que establecen as condicións que debe reunir a empresa/s que subministre o servizo de ludotecas dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados en centros educativos do Concello de Pontevedra e nenos/as, que non estando matriculados en centros educativos do concello están empadroados no Concello de Pontevedra.
A FANPA establece este ano 3 categorías diferenciadas: ludoteca deportiva, ludoteca de inmersión en inglés e ludotecas de verán (10). Pódese concursar ás tres ou a cada unha por separado, das que sexan de interese para a empresa.
Ludoteca deportiva
Ludoteca de inglés
Ludoteca de verán
(aínda que son varias a proposta da empresa debe cubrilas todas)