Oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016

O venres pasado, o DOG publica a orde da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que regula a oferta de prazas nos campamentos de verán para este ano 2016.

Como novidade, os mozos/as galegos con discapacidade poderán elixir entre optar tamén a estas prazas xerais ou ben a aquelas reservadas de inclusión. Tamén están incluídos os menores en situación de tutela ou garda administrativa.

Este luns, o DOG publica unha rectificación sobre os lugares e número de prazas dispoñibles.

Polo demais, a idade mínima será que deberán ter cumpridos os 9 anos ao inicio do campamento; como máxima establécese que non poderán cumprir os 18 antes do remate do campamento.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 15 días naturais a partir do sábado pasado (ata o sábado día 23).

Coma en anos anteriores, a adxudicación de prazas será directa cando a demanda non supere o número de prazas dispoñible, pero o máis habitual é que se dea un sorteo que se publicará na páxina www.xuventude.net co que ademais de adxudicarse as prazas, se creará unha lista de agarda.

Despois do sorteo, aqueles beneficiados pola adxudicación deberán presentar a documentación tal e como se establece esta orde.