ORDE do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 1. Aprobación Apróbase o calendario escolar para o curso 2015/16 coas especificacións que se sinalan nesta orde. Artigo 2. Ámbito de aplicación Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con…

ORDE do 10 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2015/16.

Artigo 1. Actualización da oferta Actualízase a oferta educativa dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, para o curso 2015/16, en centros públicos…

ORDE do 11 de xuño de 2015 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2015/16.

Artigo 1. Actualización da oferta Actualizar a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2015/16.…

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa posobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/16 nos centros pertencentes a Rede de centros plurilingües de Galicia.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria no curso 2015/16 da ampliación da ensinanza plurilingüe á etapa posobrigatoria de bacharelato nos centros pertencentes a Rede de centros plurilingües de Galicia. Artigo…

ORDE do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2015/16.

Esta convocatoria ten por obxecto regular os aspectos básicos do funcionamento do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros…

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o curso escolar 2014/15 (ED101C).

Aceptar a proposta presentada pola comisión en todo o seu contido e conceder as axudas nos termos que figuran como anexo a esta resolución, no cal se inclúe, por provincias, a relación de centros admitidos, con indicación da puntuación concedida…

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Artigo 1. Obxecto da convocatoria e procedemento 1. O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, en 1º e 3º de…