RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a ampliación das ensinanzas plurilingües á etapa posobrigatoria de bacharelato para o curso 2015/16 nos centros pertencentes a Rede de centros plurilingües de Galicia.

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria no curso 2015/16 da ampliación da ensinanza plurilingüe á etapa posobrigatoria de bacharelato nos centros pertencentes a Rede de centros plurilingües de Galicia. Artigo 2. Requisitos dos centros Para que os centros plurilingües poidan ampliar o programa na etapa do bacharelato deberán reunir os seguintes requisitos: 1. Ser un centro incorporado á Rede de Centros Plurilingües no curso 2010/11 ou no curso 2011/12 para iniciar o programa plurilingüe en 1º da ESO e que, polo tanto, no curso 2014/15 xa teñen o programa implantado en toda a etapa da ESO. 2. Impartir en lingua estranxeira ata un máximo dun terzo do horario lectivo de cada grupo de alumnos e alumnas. 3. Dispor de profesorado cualificado para impartir as materias non lingüísticas en lingua estranxeira en toda a etapa. 4. Garantir que todo o alumnado que curse bacharelato dentro do programa plurilingüe poida seguir esta etapa con aproveitamento. 5. Aprobación do proxecto polo consello escolar, unha vez oído o claustro do profesorado. 6. Participar e colaborar no desenvolvemento dos procesos de avaliación do alumnado e dos propios centros que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organice. DOG NUM 106