Para as ANPA de Galescolas

FANPA-Pontevedra invítavos ás ANPA das galescolas da provincia a contactar con nós para que nos transmitades as vosas inquedanzas e tamén as vosas ideas. Queremos ofrecernos como canle para levar as vosas demandas perante a Administración; a Federación constituiuse precisamente para axudar en todo o que sexa preciso a nivel escolar e como representantes institucionais das ANPA dos centros de ensino públicos da provincia.

Podedes contactar con nós por medio do correo electrónico info(arroba)nontedurmas.org e a través do correo postal como se indica no pé da nosa páxina.