O noso web

mosimage

Os artigos de prensa, documentos e artigos destinados ao debate publícanse en Nontedurmas.org con base no interese que poidan ter para nós, malia que nalgunhas ocasións non compartamos total ou parcialmente o contido deles, polo que poñeremos sempre que sexa posible a referencia do autor, fonte consultada e data de publicación.

Ao inicio dalgúns dos documentos sitúanse dun a cinco asteriscos ou estrelas que indican de forma orientadora o nivel de interese, a xuízo do administrador de contidos.

As ligazóns con páxinas externas serán seleccionadas, publicaremos aquelas que consideremos de maior calidade, e evitaremos confundir colocando demasiadas sobre unha mesma temática con contidos repetitivos.

Agardamos as vosas suxestións de ligazóns que estudaremos co meirande interese dentro das nosas posibilidades de tempo.

O equipo que traballamos neste web está formado por Jurgen Bott, Antón Méixome e Alfonso Moreno Mora