LUDOTECA “UN NADAL DE XOGO”


É unha oferta ludico-educativa para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante as vacacións escolares de Nadal, que conxuga o xogo e as actividades creativas coa educación en valores para a convivencia (tolerancia, respecto, colaboración,…) que realiza a Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra.

DATA DE REALIZACIÓN: Durante as vacacións escolares de Nadal 2008/2009
CALENDARIO: 22,23, 24,26,29,30,31 decembro – 2, 5 de xaneiro
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas de 3 a 12 anos en dous grupos de idade:
Grupo 1: nenos/as de 3 a 7 anos
Grupo 2: nenos/as de 8 a 12 anos
Nº DE PRAZAS:
50 prazas por grupo. Total: 100 prazas. 10 % reservado a Servizos Sociais
HORARIO:
En horario flexíbel de 10:00 a 13:30 horas
LUGAR DE REALIZACIÓN:CEIP colexio de Barcelos.
CUSTO DA ACTIVIDADE:15 € por neno/a
INSCRICIÓNS:Días 15- 18 decembro en horario de 9- 14 h. na Área de educación (Rúa Xan
Guillermo, Lateral Tesourería Seguridade Social) ou por correo- e:
educacion@pontevedra.eu (adxuntando a documentación solicitada)
DOCUMENTACIÓN:
– Folla de inscrición debidamente cuberta;
– resgardo de ingreso bancario;
– fotocopias do DNI do pai, nai ou titor;
– fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a;
– dúas fotografías tamaña carné do neno/a.
Na páxina web do Concello: www.pontevedra.eu tanto no apartado Taboleiro de
anuncios como en Áreas de xestión- Educación, está incluída a información sobre a
actividade e o documento de inscrición para descargar.

Cartel