EN POSITIVO

mosimageRecoñecemento a persoas e organizacións polo seu apoio ao dereito de participación das ANPA e familias no sistema educativo publico
Na última Xunta directiva do pasado curso decidimos amosar publicamente o noso recoñecemento e agradecemento ás persoas que alén das súas obrigas colaboraron desinteresadamente connosco facilitando o noso traballo e amosando unha especial sensibilidade coa mellora da calidade da escola publica e coa defensa do dereito á participación das familias no sistema educativo.
Tamén quixemos recoñecer o esforzo dalgunhas asociacións por organizaren actividades abertas ás familias doutros centros e a todos os pais e nais das ANPA que ofrecen unha parte do seu valioso tempo para defender a calidade da educación dos seus fillos e fillas traballando pola mellora da educación de todos.
Recoñecemento persoal
Victoriano Vidal director do colexio Villaverde de Mourente pola sensibilidade amosada na participación das familias no proceso educativo, dando todo tipo de facilidades para que a nosa Federación dispuxese dun local no centro que dirixe durante moitos anos, sen complicacións nin reticencias.
Jurgen Bott pola dedicación desinteresada do seu coñecemento e horas de traballo na posta en funcionamento da nosa páxina web.

José Janeiro pola súa forma de organizar as escolas de familia, adaptándose aos nosos horarios, utilizar unha linguaxe accesible, colaborar connosco na organización de actividades e traballar na formación das familias sen unicamente regañarnos.

Xosé Gulias antigo presidente de FAPA Pontevedra pola súa disposición a seguir colaborando co movemento de nais e pais de alumnos conectándonos coa xa longa historia da Federación.
Luís Bará ex-concelleiro de Cultura do concello de Pontevedra por facilitarnos o acceso a locais públicos cando nos foi imposible atopalos nos centros dependentes de Educación.
Conchi Cochón traballadora de normalización lingüística pola súa atención e colaboración coa Federación traducindo e facilitando solucións aos nosos problemas lingüísticos
Vanesa Estévez ex-traballadora do Departamento de Educación do Concello de Pontevedra pola súa dedicación e colaboración coa Federación interesándose fóra do seu horario de traballo pola participación das familias o as actividades do Concello
ANPA do CEIP Villaverde pola súa participación na organización do maratón escolar anual proporcionando unha oportunidade de encontro entre as familias de distintos centros.
ANPA do CEIP Manuel Rivero – Colexio Manuel Rivero
ANPA do CEIP Varela Buxán – CEIP Varela Buxán
ANPA “Ramón Aller” – IES Ramón Aller
ANPA “Agro de Abaixo” – CEIP Xesús Golmar
Asociacións do concello de Lalín que traballaron conxuntamente na organización da xornada "Vivir en sociedade" que deu a oportunidade de afondar no debate educativo a toda a comunidade escolar da bisbarra do Deza.
FEDERACIÓN DE ANPA de MARÍN pola organización da Xornada sobre o Fracaso Escolar dirixida a toda a comunidade educativa con todo o esforzo que supón a procura de financiamento, difusión e organización de actividades deste nivel de forma totalmente voluntaria e con escasos apoios.
IES Laxeiro de Lalín polo seu traballo a prol da participación das familias na comunidade escolar dentro do programa europeo Sócrates apartado GRUNDTVIG
Programa “Ponte” da Universidade de Santiago pola súa disposición a darnos unha valiosa información ás familias sobre bolsas, residencias e orientación facilitando a nosa colaboración.
Equipo de Drogodependencias do Concello de Pontevedra pola seu programa de prevención e actividades dirixidas ás familias
Aos organizadores e voluntarios do "Salón do libro" e "Domingos do Principal"por ofrecerlles ás familias actividades de calidade ás que asistir fóra do horario escolar.