AXUDAS FILLO MENOR A CARGO

Orde do 11 de abril de 2006 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillo/a menor a cargo para o ano 2006.

Presentación: 40 dias naturais

 
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro de 2006 (nacidos entre o 2-1-2003 e o 1-1-2006, inclusivos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2004, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2004 e o 31 de decembro de 2005, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscrición da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil.
A contía da prestación será de 360 euros por cada un dos fillos/as menores que as persoas beneficiarias teñan ao seu cargo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.
O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Poderá obterse a solicitude debidamente cuberta no enderezo http://www.xunta.es/aplicacions/pfc