ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

XA PODES INFORMARTE
Plano de actividades para ANPA do primeiro trimestre do curso 2005 -2006 organizado pola mosimageFederación Provincial das ANPA de colexios públicos de Pontevedra.
Información no telefono 696 95 42 10 na oficina da Federación, a través da nosa páxina web ou contactando por correo electrónico en info@nontedurmas.org

Prazo de inscrición dende o 26 de novembro ata o comezo da actividade

-Para directivas de ANPA federadas
-Curso de xestión
-Internet para as ANPA

-Para pais e nais
-Grupo de teatro
-Certame de fotografía escolar
-Curso práctico de técnicas para contar contos, historias e ler cos nosos fillos/as.
Para alumnos/as
-Orquestra de corda para nenos/as
Para toda a comunidade escolar
-Festa da escola pública

O plano de actividades dará comezo despois da Asemblea Anual que está prevista para o día 26 de Novembro de 2005 e nela darase toda a información que precisedes

Todas as actividades serán de carácter gratuíto para os socios das ANPA federadas.

A inscrición para calquera das actividades ábrese o 26 de novembro ata o mesmo día do comezo de cada actividade e péchase cando se completen as prazas dispoñibles.