A ADOLESCENCIA

Documento de materiais preparados para o seu uso nas escolas de familia por Jose Janeiro do equipo de prevención do Concello de Pontevedra

A ADOLESCENCIA

Que é a adolescencia?
Adolescencia =► Facerse adulto
É a etapa do desenvolvemento no que se produce un conxunto de cambios físicos, sicolóxicos e sociais que convirten ao neno en adulto. O resultado final, vai  ser o froito de presións internas (cambios físicos e cognitivos) e externas (medio social e familiar) que van  favorecer ou dificultar o paso á etapa de adulto.
 É un proceso no que se vai gañando independencia e autonomía, coa fin de adquirir a propia identidade.
 

Diferencias entre os termos adolescencia e pubertade

            O termo pubertade fai referencia ao conxunto de cambios físicos que coincide co  inicio da adolescencia; e como se sinalou anteriormente, a adolescencia fai referencia non só a cambios físicos, sinón tamén a cambios sociais e sicolóxicos.
1. Características da Pubertade:
Esta etapa caracterízase por un incremento de determinadas hormonas, que son as responsábels de que se produza a maduración sexual e o estirón puberal.
A maduración sexual é o desenvolvemento dos caracteres sexuais; é dicir, o desenvolvemento dos xenitais externos, aparición dos rasgos sexuais secundarios como son os peitos ou o vello, e a maduración das glándulas sexuais. No caso das nenas este proceso iniciase aos 10/11 anos e finaliza aos 14/16 anos; no caso dos  nenos empeza aos 12/13 anos e finaliza aos 16/18 anos.
O estirón puberal, é a aceleración final do ritmo de crecemento físico que se produce no caso das nenas entre os 9-14 anos, e no caso dos nenos entre os 10-16 anos.
Ámbolos dous cambios físicos van a implicar unha reacción emocional no xoven, que pode lcheegar a ser máis importante que os cambios físicos en sí mesmos.
 
 
 
2. Características da Adolescencia
–         Cambios físicos: son os que se recollen nas características da Pubertade.
–         Cambios sicolóxicos:  adquierese o denominado razonamento abstracto, que é a capacidade de poder pensar sobre a realidade apartándose dela. Este tipo de pensamento é o que permite que o adolescente vaia descubrindo os valores e as crenzas personais que van a determinar os seus compromisos e metas na vida.
–         Cambios sociais:  caracterízanse polo desenvolvemento da autonomía persoal e independencia social, xa que o adolescente empeza a asumir responsabilidades e a tomar decisións por sí mesmo. Estos cambios van  estar determinados polas oportunidades que lles demos dende a sociedade.
 
 
Características da etapa da adolescencia  (Knobel, 1994)
Búsqueda de sí mesmo e da identidade
Tendencia grupal
Necesidade de intelectualizar e fantasear
Desubicación temporal
Evolución sexual
Actitude social reivindicatoria
Contradicciones sucesivas
Separación progresiva dos pais
Fluctuacións constantes do humor e do ánimo
 
 
Como influen os pais neste proceso?
            O proceso de independencia do adolescente e o desenvolvemento dunha identidade adulta, implica que os pais asuman o distanciamento afectivo que isto vai supor, e que van  aparecer conflictos entre pais e fillos que deben ser vistos como un proceso normal, a través do cal o adolescente acadará a súa autonomía persoal.
Pero os pais non deben renunciar ao seu protagonismo e responsabilidade diante do adolescente, xa que teñen que ser interlocutores e mediadores neste proceso de maduración, a través dunha comunicación clara e aberta. Mais, que postura adoptar?
–         Un excesivo autoritarismo e control, provoca un rechazo da autoridade e dos valores paternos.
–         Unha excesiva permisividade e proteccionismo, pode levar a que o adolescente non se sinta seguro e busque a súa seguridade no grupo de amigos, podendo producirse unha sobredependencia do mesmo.
–         La postura más útil es la de permanecer como espectadores activos y basar la actuación en las necesidades que presente el adolescente.
A conducta dos pais de moitos delincuentes  caracterizase, entre outras cousas, por non reforzar as conductas correctas; amosando un exceso de severidade, crueldade e incoherencia ao castigar as conductas incorrectas.
 
Características do pensamento adolescente
1.      Continuas críticas ás figuras de autoridade =► a capacidade de pensar sobre a realidade apartándose dela, permitelles idealizar esa realidade e imaxinar distintas posibilidades ideais de solucionar os problemas do mundo. Polo tanto, interpretan que “o egoismo e a torpeza” dos adultos é o que impide que o mundo sexa “perfecto”.
2.      Dificultade para tomar decisións =► esa tendencia a idealizar fai que o mundo se perciba como marabilloso ou horrible (non hai un punto medio), e cada decisión a tomar parece transcendental.
3.      Como, non existen termos medios de que serve un pequeno esforzo diario, si a solución dos problemas importantes non vai  depender do que un faga?.
Ex. Non reciclo o papel porque o problema da contaminación non depende de min.
4.      Egocentrismo =► sensación que ten o adolescente de que é absolutamente único e excepcional; cren que ninguén viviu ou sentiu algo igual que eles. O problema deste tipo de pensamento é a sensación de invulnerabilidade, que lle pode levar a realizar determinadas conductas (ex. Consumo de drogas, actividades delictivas…) coa sensación de que a él non lle pode suceder nada malo.
5.      Excesiva conciencia de sí mesmos =► a consecuencia de estar tan centrados en sí mesmos, é que cren que os demais están pendientes permanentemente del: “ síntese como un actor permanente ante unha audiencia imaxinaria”.
6.      Tendencia a discutir =► este aspecto que tanto desespera a moiyos pais, debe  percibirse como un comportamento propio desta etapa, e que é una forma de exercitar a súa recentemente adquirida capacidade de razonamento abstracto.
 
Características da adolescencia na sociedade actual
A conducta do adolescente estase etiquetando como unha conducta problemática, cando en realidade se trata dunha conducta diferente; distinta a dos adultos.
–         Na nosa sociedade hai unha forte disparidade entre a adultez biolóxica e a adultez social, é dicir, o adolescente é un adulto biolóxicamente pero non é recoñecido como un adulto socialmente. Ex. Ten capacidade para traballar pero habitualmente non o fai, polo que é máis difícil que alcance a completa independencia.
–         Debido a distintos fenómenos sociais, como a dificultade de conseguir un posto de traballo estábel, non é infrecuente que ata os 28-30 anos o individuo non poida organizar a súa vida de xeito independente. Polo que a etapa da adolescencia cada vez é máis ampla.
–         Mentras que nos anos 70 loictabase por conseguir o acceso á educación de todas as clases sociais; na actualidade os xóvenes están obrigados a permanecer no sistema educativo ata os 16 anos, polo que na escola van aparecer conflictos e tensións.
–         Existe unha mitificación da xuventude, polo que os modelos adultos vense sustituidos polo “modelo adolescente”; por unha banda imponse o estilo de vida adolescente aos adultos, por outra os adultos presionan aos adolescentes para que abandonen o seu estilo de vida. Como consecuencia disto, non se valora a experiencia e os exemplos dos maiores, perdendo valor a función educativa de  pais e profesores.
–         Hai unha tendencia a supoñer que todos os adolescentes teñen os mesmos problemas, demandas e que reaccionan de xeito semellante; pero ainda que comparten experiencias comúns cada adolescente reacciona dunha maneira diferente.
 
Factores que promoven o consumo de risco e a realización de actividades anti-sociais
1.      Familiares =► a vinculación ao grupo familiar é un factor inhibidor da aparición de comportamentos desviados; así mesmo, a familia actúa como “modelo” de conducta que vai  ser imitado polo adolescente.
2.      O grupo de iguais (“os amigos”) =► durante a adolescencia, coménzase a establecer relacións fóra do ámbito familiar, e pasa a ser máis importante a influenza dos amigos á hora de determinar a conducta. De tal xeito, que os adolescentes con amigos con conductas desviadas teñen unha maior probabilidade de realizar esas conductas desviadas.
3.      A imaxe positiva que se ofrece dende os medios de comunicación cara o consumo de drogas.
4.      As características do propio individuo =► unha actitude positiva cara esas conductas e determinadas características sicolóxicas como a baixa autoestima, a necesidade de aprobación social, alta ansiedade, impulsividade, búsqueda de sensacións, rebeldía e impaciencia por asumir roles adultos; incrementan a probabilidade de que as conductas problemáticas aparezan.
 
 
 
 
 
 
Factores que protexen ante o consumo de risco e a realización de actividades anti-sociais
1.      Características do individuo =► actitudes favorábels cara a saúde e de rexeitamento cara as drogas, e determinadas  características sicolóxicas como madurez, responsabilidade, seguridade e capacidade de ser autónomos e independentes.
2.      Características familiares =► ter na familia modelos de hábitos de vida sans e sen consumo de drogas, valores e normas de conducta adecuados, e integración social da familia.
3.      Características sociais =► ter un equipo de iguais que non consuman drogas, e posibilidade de establecer vínculos e relacións sociais axeitadas.
 
 
 
 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 O ADOLESCENTE E OS SEUS RETOS

Resumen do libro de CASTILLO CEBALLOS  G.  Que leva o mesmo título.

 
            A adolescencia non é unha realidade uniforme, non se repite de xeito idéntico en cada etapa histórica, en cada contexto social e en cada persoa. Ademais está precedida por unha infancia cada vez máis longa. A postadolescencia exténdese  actualmente ata o momento no que os xóvenes obteñen a autonomía sicolóxica e económica necesarias para emanciparse. Non hai adolescencia, sinón adolescencias e adolescentes.
 
A FUNCIÓN DA ADOLESCENCIA.
 
            A adolescencia é unha etapa do desenvolvemento evolutivo humano non reducíbel á maduración física da pubertade. Nela  dase, ademais dun cambio cuantitativo, un cambio cualitativo que expresa maduración da personalidade. É unha época de crise, pero non de tipo patolóxico sinón de crecemento, de adaptación progresiva a unha nova idade (a idade adulta). A esta crise “natural” pode engadirse, en certos casos, unha crise artificial orixinada polo aplazamento do estatus social do adulto.
            Supón un considerábel salto cualitativo con respecto á etapa anterior (a infancia) pero non cabe falar de ruptura total co pasado, hai unha construcción da personalidade dende unha historia previa e uns recursos xa existentes. Na  adolescencia, polo tanto, conflúen a estabilidade e o cambio.
            É un período de transición entre a infancia e a idade adulta. Pero non se limita a ser unha estación intermedia entre dúas idades; é un período cunha entidade e madurez propia dentro do ciclo vital. A auténtica transición non pode facerse sin unha previa maduración da personalidade.
            É, inicialmente, transformación do organismo infantil nun organismo adulto. Neste primeiro momento hai logro da adultez biolóxica e aplazamento da adultez sicolóxica e social.
            Os adolescentes temperás son imprevisíbels: aloucados e con reaccións inesperadas; nunca se pode predecir como van  reaccionar. Tamén son impacientes: queren todo aquí e agora, non saben esperar; e si non obteñen no acto o que desexan frústranse e ata se funden. Ademais son lacazáns: máis capaces de falar que de hacer, de protestar que de resolver; son seres máis de desexos que de esforzos; tenden ao fácil; aplazan o inicio das tarefas; non rematan o que empezan; conformanse co primero que se lles ocorre ó grito de “¡xa vale!”. Ademais son desordeados, pesimistas e incoherentes.
            Cando se observa que un adolescente ten algún deses defectos pensase ”é unha persoa inmadura”. Confíase que co  paso do tempo vaia saindo dese estado de inmadurez inicial. Polo tanto, é una etapa de inmadurez en busca da madurez típica da  persoa adulta. O adolescente está intentando, por primeira vez na súa vida, valerse por sí mesmo, vivir sin o paraugas protector dos seus pais, e isto  esixelle tomar distancia deles e reconsiderar a validez das reglas establecidas na familia.
            Ao longo da adolescencia ten lugar un proceso de maduración gradual da persoa en tres planos: biolóxico, sicolóxico e social. Non se trata de tres maduracións independentes, sinón de tres aspectos  dunha mesma maduración que ten carácter global.
            No plano físico ou biolóxico o organismo infantil  transfórmase nun organismo adulto. Prodúcese un crecemiento en estatura e peso así como a maduración sexual ou capacidade para a reproducción.
             No plano mental desenvólvese un tipo de pensamento abstracto,  atópase coa  posibilidade de acceder á comprensión do mundo por medio do coñecemento científico, pode organizar e mellorar de forma autónoma os seus procesos de aprendizaxe persoal.
            No plano social producese o paso as relacións no contexto social máis amplo, así como amistade íntima e enamoramento.
No plano de la personalidade o paso do “eu” cara fóra, típico da infancia ao “eu” cara dentro. O adolescente descubre a súa riqueza interior, a súa intimidade, que é un dos rasgos esenciais da persoa.
            O adolescente a partir de aquí comenza a tomar decisións personais relacionadas coa súa vida futura e a elaborar un proxecto persoal de vida.
            Os adolescentes difieren entre sí en función sobre todo de catro variábels: a idade, o sexo, a personalidade e o entorno familiar e social. Así as diferencias relacionadas co sexo mostran como as nenas soen madurar física e mentalmente antes que os nenos, un adianto de dous anos. Tamén a autoestima ten diferente base en homes e mulleres, os mozos adolescentes desenvolven a súa identidade máis por metas personais que por metas sociais, en cambio, as mozas  antepoñen o social ao persoal.
            Tamén os conflictos cos pais teñen motivacións diferentes según o sexo dos fillos, os mozos expresan o conflicto en termos de comportamento, en cambio para as mozas reflexa cuestións de identidade. Tamén soen ter mellor perfil que os mozos no  estudo.
            Le Senne fai unha tipoloxía cada un dos oito tipos da lugar a unha forma diferente de ser adolescente:
 
nervioso
sentimental
colérico
apasionado
sanguíneo
flemático
amorfo
apático
Extrovertido, impulsivo, inestable,
cambiante e irritable
Inseguro,
vulnerable, retraído,
solitario, indeciso.
Sociable, ocupado, aventurero, precipitado y buen carácter.
Decidido, planificado, dominante.
Cerebral, pragmático, calculador, optimista y sociable.
Reposado, tranquilo, reflexivo, callado, solitario y ordenado.
Poca energía,  sociable y simpático.
Testarudo, pasivo, indiferente, poca vitalidad.
           
            De acordo con esta descrición  pódense plantexar algunhas cuestións:
-Cales son os adolescentes que soen vivir a crise da idade de xeito máis agudo? Nerviosos e sentimentais.
-Cales son os adolescentes que soen necesitar máis axuda debido ás súas limitacións persoais? Amorfos e apáticos.
-Cales son os adolescentes que soen resultar máis conflictivos na relación cos pais? Nerviosos, sentimentais, coléricos, apáticos.
-Cales son os adolescentes que soen plantexar menos problemas e teñen unha adolescencia máis feliz? Apasionados, sanguíneos, flemáticos.
            O comenzo da adolescencia pode fixarse con bastante precisión, empeza cando se inician os cambios biolóxicos da pubertade. Nas mozas ocorre aredor dos once anos, nos mozos sucede aredor dos trece. É difícil precisar en qué momento concreto se chegou á madurez sicolóxica e social propia do adulto.
            Os adolescentes van madurando paulatinamente, existe un poderoso impulso cara a madurez propia do estado adulto, que permite facer frente a moitos obstáculos. O proceso de maduración plantexa retos continuos que conlevan tarefas. Estos retos sucesivos integranse  nun reto global: facerse maior. Para isto é esencial crecer en libertade responsábel.
            Actualmente existe, en determinados ambientes sociais, unha tendencia á ampliación da adolescencia. Este fenómeno soe coincidir co retraso da emancipación dos  fillos con respecto á tutela familiar.
            A actual mitificación da xuventude leva a moitos adultos a imitar os comportamentos típicos dos xóvenes. Na nosa sociedade “ser xoven “ é un valor altamente cotizado, mentras que “ser maior” é una seria limitación. Produciuse así un cambio de modelo de vida con respecto a épocas históricas anteriores. Os modelos adultos están sendo sustituidos por modelos xuvenis.
            Como consecuencia destos fenómenos, algúns pais e profesores quedanse sin a función educativa que viñan desempeñando. Unha segunda consecuencia é o permisivo educativo, producese o esquecemento dos ideais e modelos clásicos de perfección. Os adolescentes de todas as épocas chegaban a encarnar os ideais a través dunha educación esixente. Os catro modelos clásicos de perfección (O Cabaleiro, o Cidadán, o Heroe, o Sabio) tiñan en común:
            1-para o adolescente o punto de referencia da propia vida está no futuro.
            2-a educación promove a necesidade do adolescente de facerse maior e de prepararse para desempeñar as responsabilidades e tarefas propias da maioría de idade.
            3-o establecimento de etapas sucesivas e graduais na iniciación no modo de vida adulto facilita moito a transición.
            4-os bos exemplos e experiencias dos maiores son fundamentais para a maduración persoal e para a adaptación á vida futura.
            5-a formación do  carácter moral e o exercicio das virtudes correspondentes é o fundamento dunha vida feliz.
           
            A etapa adolescente é o momento máis decisivo para a construcción da propia personalidade. Co inicio da adolescencia a personalidade “desperta”. O proceso ten a súa orixen no “descubrimento do eu”, dun “eu” que se presenta como unha realidade única e irrepetibel. Este descubrimiento é unha das consecuencias da aparición do pensamento reflexivo. Grazas a esta nova capacidade, un pode pensarse e interrogarse a sí mesmo; pode intentar coñecerse a sí mesmo; puede intentar coñecerse usando o método da introspección.
            A partir deste momento o adolescente trata de coñecer o seu mundo interior. Por iso busca os momentos de soidade. Así nace a intimidade persoal, que é a necesidade de estar consigo mesmo e de autoposeerse. Tamén xurde a tendencia a autofirmarse como un “eu” diferente e independente por medio de recursos moi variados: conductas excéntricas, linguaxe propio, accións esaxeradas, rebeldías, etc.
            A medida que avanza o proceso de autocoñecemento o adolescente vai obtendo unha imaxen e unha opinión de sí mesmo. Este concepto de sí mesmo empeza a formarse antes da adolescencia, nesta última etapa dase unha revisión e actualización do autoconcepto formado no período infantil. O autoconcepto inclúe sempre xuizos valorativos sobre sí mesmo. Cando a autoimaxen satisface a persoa a persoa a valoración é positiva, polo que eleva a autoestima.
            Para o adolescente é fundamental ter un bo nivel de autoestima, pero é bo que os seus educadores estén prevenidos frente á falsa autoestima, que é a egolatría e autocomplacencia. A autoestima desenvólvese formando o carácter, educando a vontade: hai que desenvolver nos adolescentes hábitos de esforzo, de traballo ben feito, de autodominio, de autodisciplina, favorecer a adquisición de virtudes como a fortaleza, a templanza, a paciencia e a perseverancia. Hai que animalos a que sexan máis abertos e serviciais.
            A búsqueda da identidade por parte do adolescente responde a á pregunta: quen son eu? Pode atoparse en situacións moi diferentes con respeto á súa identidade: identidade establecida prematuramente, confusión de identidade, identidade negativa e logro da identidade. Este último é o estado no  que tras ter superado a crise formula metas bien definidas con respeto a unha determinada forma de vida e a unha determinada actividade profesional.
            Retos do desenvolvemento da identidade persoal na adolescencia: favorecer a relación de amizade persoal como medio para que poidan proxectar a imaxe de sí mesmo/a no amigo, fomentar a actitude de non precipitarse na toma de decisións relacionadas coa vida futura, favorecer que elaboren un proxecto persoal de vida que implique compromiso e que esté baseado  nunha xerarquización de valores como no coñecemento de sí mesmo e da realidade.
 
AS ETAPAS DO CRECEMENTO E DA EDUCACIÓN DO ADOLESCENTE.
 
            De acordo coa idade hai polo menos tres adolescencias:
1.      Adolescencia temperá ou adolescencia inicial ou pubertade: 11-13 anos nas mozas e 13-15 nos mozos.
2.      Adolescencia ou adolescencia media: 13-16 anos nas mozas e 15-18 nos mozos.
3.      Adolescencia tardía ou superior ou idade xuvenil: 16-19 nas mozas e 18-21 nos mozos.
 
A adolescencia temperá ou pubertade: a función principal é o logro da madurez física e sexual, a conquista da adultez biolóxica. Non se orienta, polo tanto, na  obtención da adultez sicolóxica e social na pubertade  o corpo infantil  transformase nun corpo adulto nun espacio de tempo moi curto, é unha transformación física  rápida, espectacular e decisiva. O paso dunha sexualidade prexenital a unha sexualidad xenital entraña algúns riscos, como, por exemplo, a excesiva curiosidade cara este tema, o autoerotismo e os sentimentos de culpabilidade inxustificados.
Estos cambios físicos rápidos e non sincronizados soen afectar negativamente  á vida psíquica do púber. A imaxe física xoga un papel moi importante na formación da imaxen de sí mesmo. Ademais os púberes soen ter criterios moi idealizados sobre o atractivo e a beleza física. Por ende soen ter actitudes de desconcerto, decepción e disgusto. Preceisa tempo e paciencia.
A vida afectiva do púber caracterizase inicialmente polas reaccións emocionais primarias, non chegan ao nivel dos sentimentos, está integrada por emocións soltas sen ningún control.
Tamén soe producirse un distanciamento da familia en beneficio do grupo de iguais, tamén se lle atribúe o “comportamento antisocial ou negativo”,  algúns relacionados co desorden, a indisciplina, todo tipo de excesos, excentricidade ruidosa e provocativa, falta de respecto.
Os retos educativos que plantexa o púber aos pais e profesores: entendelo, aceptalo como é, saber tratalo (con serenidade, paciencia, perseverancia,etc), formar o seu carácter, proporcionarlle unha correcta información e educación sexual e crear un ambiente que favorezala adaptación do púber a sí mesmo e á  realidade na que vive.
A adolescencia intermedia:  caracterizase polos cambios síquicos e non os físicos. Pasase do “despertar do eu”, propio da pubertade, ao “descubrimento consciente do eu”. Isto favorece a diferenciación da personalidade; buscanse comportamentos cada vez máis autónomos. Tamén se da unha autoafirmación da personalidade, ata o punto de chegar, en algúns casos, a un culto do propio eu. Por ende a adolescencia intermedia é unha crise cara dentro, unha crise interna, da personalidade.
Ao reflexionar sobre sí mesmo o adolescente descobre tanto posibilidades como limitacións, éstas soen orixinar sentimientos de dubida e inseguridade.
A gran conquista desta etapa é o desenvolvemento do pensamento formal, o pensamento do posible. Supón pasar das operacións concretas ás operacións formais, producíndose así un perfeccionamento das estratexias cognitivas. A posesión desta capacidade move ao adolescente a pensar por sí mesmo, o que lle axuda a gañar en independencia de criterio e autonomía persoal.
Xurde a capacidade para o razonamento moral,  producese así a personalización da vida moral e a interiorización da norma fai posíbel o sentido do deber. Na infancia os modelos eran os pais neste momento os modelos están fora da familia.
É a etapa dos sentimentos, soen xurdir dificultades emocionais ligadas a necesidades da personalidade non satisfeitas: necesidade de identidade, de afecto, de realización persoal, de independencia e de relación social. O proceso de individualización fai posíbel a amizade personalizada e o enamoramento.
Retos aos educadores nesta etapa: distanciamento dos fillos respeto aos pais, autosuficiencia dos fillos, o dogmatismo dos fillos e as amistades dos fillos. Os pais deben, non só aceptar, sinon tamén favorecer as amizades dos seus fillos.
A adolescencia tardía ou idade xuvenil: esta etapa significa a saída da crise da personalidade da fase anterior. É a recuperación do equilibrio perdido, as relacións sociais son máis amplas e variadas e ademais soe reencontrarse coa súa familia. A personalidade xa non se autoafirma co aillamento ou o enfrontamento, sinón coa autoesixencia e o afán de superación. Adquire o sentido da responsabilidade e accede á  madurez. Á afirmación do eu sucede a afirmación positiva de sí mesmo, do mellor eu, ao servizo das necesidades de autorrealización persoal.
É a idade dos grandes ideais e das grandes eleccións no terreno do estudo, da  amizade, do traballo e do amor. Estas eleccións se concretan nun proxecto persoal de vida, o proxecto vital convírtese así nun medio insustituíbel para o autoperfeccionamento persoal,
Ademais o carácter madura, o xoven quere ser unha persoa de carácter, no  sentido de adecuar o seu comportamento a uns principios éticos, de seguir unha liña de conducta orientada ao ben.
Os retos desta etapa son: saber dar aos xóvenes as oportunidades que precisan para desenvolver as súas novas capacidades, saber orientarlo sen suscitar rexeitamentos, evitar a desconfianza, o control fiscalizador, as restriccións excesivas no tempo para os amigos, etc.
 
 
 
A  VIDA DO ADOLESCENTE.
 
Para o adolescente o tempo libre é unha situación para actuar máis libremente que na infancia, para desenvolver conductas libres. Durante ese tempo ten a oportunidade de relacionarse cos amigos. No grupo de amizade e de diversión adquire un estatus acorde coa súa nova idade e configura a súa identidade persoal.
Pero xunto con estas posibilidades, o tempo libre ten nesta idade importantes riscos que deben ser obxeto dunha orientación preventiva dirixida tanto aos fillos como a os seus pais. Risco de confundir libertade con “liberación” de todo tipo de normas e deberes, de confundir lecer con ociosidade, de recurrir a estímulos artificiais para encher e soportar os espazos de lecer repetitivos e moi prolongados.
O adolescente debe aprender a crear o seu propio ambiente de diversión xunto con verdadeiros amigos, evitando así a diversión uniforme e masificada en torno aos lugares que se adican ao negocio do alcol.
Retos educativos aos pais do fillo adolescente: afrontar a función recreativa propia da familia; atopar tempo para o lecer persoal e orientación dos fillos; dar exemplo de persoas; establecer algúns obxetivos concretos na educación dos fillos; fomentar bos hábitos de lecer dende as primeras idades; dar un bo criterio aos fillos no  referente a tipo de lecturas, televisión, etc ; estar informados de modo habitual acerca de cómo emplean os fillos o seu tempo libre; ter unha postura clara  estable con respeto á diversión; ser fortes ante as presións continuas dos fillos e do ambiente que os apoia para non cumplir o horario de chegada a casa; conseguir que os fillos adiquen unha parte do seu tempo libre a colaborar en actividades de tipo asistencial e humanitario; etc.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
COMO FACILITAR A CONFIANZA E SEGURIDADE DOS NOSOS FILLOS NELES MESMOS
 
 
                                                                                                              Anulamos tres cuartas partes de nos mesmos co fin de ser como os demais
                                                                                 
                                                                                                                      Arthur Shopenhauer.
 
 
"As notas de este artigo son fundamentalmente un resume  do capítulo 4 do libro "La felicidad de nuestros hijos" de Wayne. W. Dyer, editado en Mondadori."
 
 
O noso mundo interior é moi diferente do mundo externo. Ese mundo interior, que está feito de emocións e sentimentos, é distinto para cada individuo.
A fin de ter unha paz e equilibrio interior, cada persoa debe aprender a facerse cargo do que pensa, de como reaccionan ós seus sentimentos e,  por último, de como se comporta.
O feito de que sexamos únicos como seres humanos constitúe o núcleo do noso mundo interior.
 
         O desenvolvemento do noso mundo interior en canto seres humanos que se aceptan a si mesmos, implica asumir unha  responsabilidade por ese mundo interior, e eliminar a inclinación a reprochar ós demais nosas condicións de vida. Os seres humanos que se rixen dende dentro confían nos seus propios sinais internos e eluden a tendencia a estar  externamente motivados en calquera sentido.  Aprenden a evitar a necesidade de aprobación de todos os demais , e buscan no seu interior unha  autoafirmación que se basea nun código ético e na vigorosa determinación de seguir sendo únicos.
 
         Unha das leccións máis importantes que deben aprender os nosos fillos é a necesidade de asumir por completo a responsabilidade  do seu desenvolvemento interior. Deben aprender dende temperán que ninguén máis que eles son capaces de controlar o que ocorra no seu interior.
 
         A persoa que ten un mundo interior moi desenvolvido é básicamente alguén que eliminou por completo a censura da súa vida. Cando os nenos son o bastante libres como para asumir responsabilidades polos seus propios pensamentos, sentimentos e comportamentos, tamén serán o bastantes libres para entender  que non teñen por qué asumir responsabilidades polo mundo interior doutras persoas. A vantaxe principal da asuncións das súas propias responsabilidades é  a de non ter que sentirse culpábel, enfadado ou temoroso cando os demais se negan a facerse responsábels do seu propio ser interior.
 
         Ensina ao teu fillo en todas as etapas do seu crecemento que case todas as cousas que lle pasan na vida polo xeral dependen dos seus propios actos, e que todo canto sintan no seu interior está por completo baixo o seu control.
 
         Os nenos que culpan ao mestre das dificultades que teñen na escola, están permitindo que el controle a súa vida. Da mesma maneira, cando encontran dificultades no amor e na amizade, e se deprimen durante longos períodos polo comportamento do seu noivo ou amigo, renunciaron a controlar a súa vida. Axuda ao teu fillo a asumir a súa propia responsabilidade dende os primeiros días da súa existencia. Cando os animas a recoñecer  os seus descoidos, a admitir os seus erros, a non ter medo das opinión dos opostos,  estás facéndolles un favor. Axúdaos a ser persoas responsábels amándoos polos seus erros, dicíndolles que é natural cometelos, e dándolles a entender que ti os queres aínda que tiraran o leite na alfombra, ou por que suspenderan unha asignatura, ou porque se fagan pis na cama ou calquera outro fallo que teñan.
 
 Cando lles dixen que non deben votar a culpa dos seus erros a seu irmán, ou que non traten de esquivar o vulto cando é evidente que son eles quen cometeron algún erro, estás demostrándolle o moito que os queres. A xente comete moitos erros; simplemente, ocorre así .Canto máis aprenda un neno a recoñecer:
" Se, fun descoidado. Farei o que faga falta para remedialo. Fun eu, e o sinto".,máis forte será.  Sempre se pode dicir: "E moito mellor que o admitas. Non se acaba o mundo porque teñas cometido un erro". recompensándoo así pola súa sinceridade, en vez de castigalo estás animándoo a ser sincero, e reforzándoo interiormente. Unha vida de temor á propia responsabilidade da como resultado unha persoa que culpa a todos de canto lle ocorra.
 
         O neno pequeno ten moitas oportunidades de tomar decisións todos os días. Si nesas oportunidades o desanimamos, e todas as decisións as toma a xente maior, estarase plantando a súa dirección interior. Esto non é apostar pola indisciplina, pero a disciplina eficaz implica por aos nenos límites razoables nas diversas etapas do seu crecemento, pero só pola súa seguridade e benestar, e non para demostrarlles qué é o xefe.  En última instancia, o obxectivo da disciplina consiste en que os nenos cheguen a ser persoas autodisciplinadas, con controles internos.
 
CONTER A NECESIDADE DE APROBACIÓN
 
         Os nenos non necesitan a aprobación dos demais para sentirse satisfeitos consigo mesmos. Sen dúbida é máis agradábel ter a aprobación que a desaprobación, e nada ten de malo en buscar a mesma, pero hai algo moi enfermizo en sentila como unha necesidade. A persoa que a precisa entra nun estado de colapso emocional si non a consegue. Queda inmobilizada cando os seus amigos non están de acordo con ela, ou cando calquera dirixe a ela a súa desaprobación.
 
         Todos nos atopamos con moitas desaprobacións na nosa vida. De feito, as persoas que máis nos queren exprésannos  regularmente cantidades enormes de desaprobacións. Pero non podes compracer a todos ao mesmo tempo.  Sen embargo, podemos dicir que a necesidade de recibir a aprobación de case todos en case todo o que fagamos é, quizais, a causa máis frecuente da desgraza  e das taras da nosa cultura.
 
Os xoves necesitan aprender dende moi cedo que a aprobación do grupo dos seus amigos aparece e desaparece según de que grupo se trate, qué días sexa, o resultado do partido de fútbol, cómo vas vestido , a opinión doutros xoves, e así un montón  interminábel de lista de  factores transitorios.
 
         A continuación transcribimos algúns exemplos de maneiras de tratar con xóvenes que sinten a necesidade de aprobación para ser felices. Móstrate razoablemente comprensivo coa súa situación, pero insiste sempre na súa capacidade para resolver un problema dende o seu interior, sen requirir sempre a aprobación dos demais.
 
Sé o mal que te sinte, pero estás dando demasiada importancia as actitudes do teu mestre. Tal vez podemos atopar unha maneira de axudala a ser máis considerada, pero si non cede, non permitas que ela sexa a causa da túa inquietude.
 
Unha ruptura ca túa noiva é un trance difícil, pero estou orgulloso de ti porque se defendeches os teus criterios e non  te deixaches que te manipule.
 
Pedro, o veciño, pensa que es un maricas; pensa o mesmo de moitos outros nenos. Pero que opinas ti de ti mesmo? Es un marica porque Pedro o crea?.
 
Vexo que estás deprimido polo que dixo de ti un de deses rapaces. Por qué cres que lle damos á  xente tanto poder sobre nos? Non cres que quizá dí cousas así para facerte reaccionar como tes reaccionado?
 
 
 COMPORTAMENTOS TÍPICOS DE PAIS E FILLOS QUE INHIBEN O CRECEMENTO INTERIOR
 
         A continuación daremos algúns exemplos comúns do comportamento adulto-neno que fomentan o aprendizaxe de incapacidade no terreo do crecemento interior.
 
·        Dálle aos nenos escusas que poidan adoptar  en seguida como forma de eludir responsabilidades. "É moi pequeno para entender eso". "Non podería evitalo". " Non foi culpa túa; simplemente estaba co grupo menos adecuado". " O teu mestre non entende o sensible que es". " Tes que soportar demasiadas presións, e así non podes concentrarte realmente".
·        Por máis atención en quén ten a culpa en vez de buscar solucións. "Quero saber quén rompeu este prato." "Alguén deixou a marco dos dedos na parede, e vou a descubrir quén foi".  "Esta casa é un caos. Quen fixo todo isto?". " Ninguén verá a televisión ata que eu descubra quén deixou aberta a billa da cociña".
 
·        Animar aos nenos a que sexan chismosos, e logo tomar as súas palabras como base para repartir castigos.
 
·        Castigar aos nenos por dicir a verdade, e facer polo tanto que no futuro  as mentiras e as escusas sexan  unha alternativa máis razoábel.
 
·        Ser unha persoa que se vale de escusas e culpa aos demais. “Nunca conseguín nada na vida por culpa da miña muller, meus pais, a economía ou o que sexa”. “Non é culpa miña que houbese tanto tráfico”. “Non podo evitalo; engordei porque a miña nai sempre me preparaba uns postres boísimos”.
 
·        Usar a frase “non é culpa miña”, como parte  habitual de teu vocabulario.
 
·        Animar aos nenos a que se voten uns a outros a culpa dos seus problemas, pelexas escusas e dificultades. Presentar sempre os seus argumentos por eles, e descargar a culpa no neno apropiado.
 
·        Darlle aos nenos escusas xenéticas.” Es igualiño ao teu avó. “  “ A túa nai costáballe moito ler, así que non  é estrano que a ti tamén che coste”. “Cando choromiqueas de ese xeito pareceste a teu pai. Aposto a que o sacaches de el”.
 
 
·        Facerlle os deberes porque a eles lles resultan moi difíciles.
 
·        Por énfase en que o que máis importa na vida é ter razón. Animar aos nenos a que non admitan nunca que están equivocados o non facelo nos mesmos.
 
 
·        Estar interesados en impresionar aos demais coa túa roupa, as túas adquisicións e o teu estilo de vida.
 
·        Animar ao nenos a que “adulen” aos demais, a que gañen a súa aprobación a expensas da súa propia integridade. Especialmente cando adular pode dar como resultado unha mellora das notas, conseguir un emprego, gañar máis cartos, ou conseguir algunha vantaxe externa.
 
·        Facer calquera cousa para evitar unha confrontación cos teus fillos. Deixalos que gobernen a casa cos seus comportamentos e actitudes incontrolables e non dicirlles nada por temor a ter unha escena ou por non incomodalos.
 
·        Ter medo a aplicar aos teus fillos as medidas necesarias de disciplina, e darlles así o exemplo dunha persoa que necesita a súa aprobación. Inducilos a evitar a responsabilidade polos seus actos ao simular que se comportaron ben cando sabe que, en realidade, non foi así.
 
·        Non deixar expresar as súas propias opinións nin defender os seus puntos de vista por ser con eles demasiado autoritario e ríxido.
 
·        Empregar rótulos con eles, que en última instancia convírtense en decretos. “Ti non es unha persoa atlética.” “Sempre fuches tímido”. “Herdaches os xenes da incapacidade para as matemáticas”. “ Sempre fuches pésimo cociñando” “Nunca che gustou a música”.
 
·        Esixirlles que te respecten e ser un pai que os atemoriza.
 
·        Prohibirlles que pregunten  por qué?, dicíndolle. “Eu son o teu pai, e por eso tes que obedecerme”.
 
 
·        Obrigarlles a pedir perdón cando en realidade non é eso o que queren.
 
·        Dar máis importancia as calificacións que aos coñecementos.
 
·        Dicirlle quen serán os seus amigos e prohibirlle que xoguen con certo tipo de nenos.
 
·        Pensar e actuar por eles cando son pequenos e supoñer que non teñen criterio propio. Tratalos como aprendices de  persoas, que en realidade non chegaron a ser persoas  completas.
 
·        Negarse a escoitar as súas suxestións. De maneira inversa, eles negaranse a escoitar as túas.
 
·        Non pedirlle nunca a súa opinión sobre asuntos do fogar e a familia. Esto pode incluír comprar, decoración, vacacións, xantar e as decisións de todos os días que ter que ver ca súa vida en común con eles.
 
·        Dicirlles: “ Só es un neno, e algún día terás unha familia propia e poderás tomar decisións”.
 
 
·        Dar unha importancia desproporcionada as recompensas, trofeos, medallas ou ó feito de ser membro de determinadas sociedades.
 
·        Vivir a túa vida a través dos comportamentos dos teus fillos e alcanzar o teu status persoal mediante a traxectoria externa da vida dos teus fillos.
 
·        Ignorar o seu crecemento interior. Burlarte dos sentimentos como a timidez ou a ansiedade, ou dos seus intentos de expresar  a súa individualidade. Preferir en cambio que complazcan a todos os demais, que actúen como eles e fagan o que fan todos.
 
 
O SISTEMA DE APOIO PSICOLÓXICO QUE RECIBEN AS NAIS E PAIS POR CRIAR NENOS CON DIRECCIÓN EXTERNA
 
         O  fin da culpa consiste en aliviar a responsabilidade do inculpador.  Cómo aprendeu que a responsabilidade era unha carga? O feito de que culpes aos demais en realidade non cambia nada ( o tomate sigue derramado na mesa, a conta está en números roxos, o vestido novo continúa roto, o depósito da gasolina esgotouse),  pero o inculpador experimenta  a necesidade imperiosa de verse aliviado da responsabilidade por calquer  cousa negativa.
 
         Os dividendos que obtés como nai ou pai, tan contraproducentes, inclúen os seguintes feitos:
 
ü     Os nenos dirixidos externamente queren que os demais tomen as decisións por eles, e esto dáche un elemento de  control sobre a súa vida.
 
ü     Os nenos con dirección externa son unha audiencia prisioneira. Son pequenos, ti es maior. Es ti quen  toma as decisións, eles fanche caso. O problema producese porque eles probablemente seguirá así cando sexan maiores, e polo tanto evitarán as responsabilidades sobre a súa vida.
 
ü     Os nenos  que se crían para que busquen unha aprobación dos demais mantéñense nunha categoría "segura" durante toda a vida.
 
ü     Ao ensinar aos nenos a culpar aos demais, estás inculcándolles unha mala costume para toda a vida.
 
ü     Cando críes aos nenos para que crean que na vida non hai eleccións posíbels, están inducíndolles a que tamén sigan dependendo de ti na súa vida adulta.
 
A proposta que facemos e que elimines este tipo de indicacións e pon no seu lugar  o estimulante sentimento de realización ao axudar a cada neno a que chegue a ser independente, unha persoa autónoma, con profundos sentimentos interiores e a marabillosa sensación de ser o capitán do seu propio barco.
 
ESTRATEXIAS PARA AXUDAR AOS TEUS FILLOS A QUE NON  CULPEN NIN REPROCHEN, E A QUE TEÑAN DIRECCIÓN INTERNA.
 
v    En todos os  teus diálogos  cos nenos, calquera que sexa a súa idade, procura eliminar escusas e escapatorias. 
Comeza por dicir cousas como "Ti o elexiches", ou "Era algo que xa tiñas dentro de ti". Por exemplo, non digas: "En realidade non podías evitalo; este ano tiveches unha mestra moi mala". Intenta dicir: "Sempre terás mestres  con quen non estarás de acordo. Qué clases de mentalización poderías facer para que as cousas te resultasen máis fáciles na escola ?.
 
v    Elimina do teu fogar o síndrome de " Quén é o culpábel?" e reemplázalo por a fórmula "Búsquemos unha solución".
 
v    Ensina ós teus fillos que ti respectas a verdade, e que nunca os vas a recompensar por culpar ou mentir.  
Se un neno sabe que lle van a rifar ou castigar por dicir a verdade, e que ese castigo fará que se sinta moi mal, é moi probábel que minta ou que lle vote a culpa a alguén do que fixo.
 
v    Elimina a inclinación dos teus fillos a acusar, deixando de ser a fonte do teu comportamento. 
O neno que constantemente corre cara a os seus pais para falarlles doutros rapaces, é un neno que está aprendendo a ser un inculpador, e alguén que non toma decisións. Ao prestarlle atención ao cotilleo, reforzamos a dirección externa, é dicir, mamá ocuparase das cousas por ti.
Un neno debe aprender a librar as súas propias batallas, e esto significa gañarse algúns chichóns de cando en vez.
 
v    Abandoa agora mesmo a costume de culpar.  
Acepta o feito de que estás precisamente onde queres estar na túa vida. Deixa de culpar a teu cónxuxe polas túas desdichas, aos teus pais pola túa falta de motivación, á economía polo teu status, a pastelería do teu exceso de peso, a túa infancia polas túas fobias, e  calquera outra cousa que acostumes culpar de algo. Es a suma total das eleccións que fixeches na túa vida.
 
v    Anima aos teus fillos a crer que controlan o seu propio corpo, particularmente as súas enfermidades.
 
v    Non fagas comentarios que animen ao nenos a crer que herdaron os teus rasgos e talentos persoais ou o contrario.
Cando un neno se comporta dun xeito parecido ou todo o contrario que o que facía o seu pai ou a súa avoa, indícalle que tipo de eleccións está a facer, en vez de escusalo. " Estás fracasando en matemáticas porque tes descoidado o estudio" Nin buscaches axuda adicional nin está dedicando o tempo suficiente a estudiar. Como pensas que podes arranxar a situación?.  A herdanza de certos rasgos persoais é a maior escusa do mundo, xa que un non pode alterar os seus cromosomas. Esquecete do pai que fracasaba nas matemáticas e da avoa a que todo lle saía mal, e axuda a teu fillo a que chegue a ser todo o que poida e queira ser.
 
v    Sé o máis útil que poidas aos teus fillos para que se desenvolvan sós.  
Cada vez que facemos unha cousa polos nosos fillos que poderían facer eles, estamos impedindo que os mesmos medren e maduren.
 
v     Non acentúes tanto o ter a razón como o ser eficaz.
Non des ós nenos o exemplo dunha persoa que sempre debe ter a razón, de unha persoa que xamais é capaz de admitir que  cometeu un erro, ou que nunca cambie de idea cando se ve confrontada co absurdo ou o error da posición que tomou. Ter razón sempre significa non admitir que ignoras algo. Ensina aos teus fillos a dicir simplemente "non o sei" , "informareime". Un neno que non poda dicir "non sei" empeza a esaxerar ou a mentir cando se lle fai calquera pregunta. Logo poden aparecer os típicos nenos que  pensan que é mellor  inventarse algo antes de admitir que ignoran a resposta. Estes nenos viven con adultos que fan exactamente o mesmos. Se ti a estos adultos lle preguntas pola distancia entre Pontevedra e Santiago, e non o saben, comezarán  a darche unha chea de explicación para chegar a Santiago e incluso se fai falta inventarán a distancia.
 
v     Cando os nenos están doídos ou se sinten mal debido ás opinións alleas, móstralles de que maneira lóxica  a orixe do seu malestar atópase no seu propio interior, porque eles tomaron a decisión de sentirse mal.
A continuación transcribimos un diálogo que explica claramente isto:
NAI: Pareces enfado, Antón.  Ocorre algo malo?
ANTÓN: Miguel e Antonio fixéronme sentir mal.
NAI:  Cómo foi eso?
ANTÓN: Ríronse de mín porque me equivoquei nun tiro libre.
NAI: Estás enfadado por equivocarte nese tiro libre, ou por que os rapaces ríronse de ti?
ANTÓN: Calquera pode fallar un tiro libre. Eu sentinme estúpido porque estaban burlándose da miña maneira de tirar
NAI: Supón  que se burlaron da túa maneira de tirar pero ti non supeses que se riron. Estarías enfadado?
ANTÓN: Por suposto que non. Como podería estar enfadado por algo sobre o que non sabía nada?
NAI: E imposíbel, por suposto. Sospeito que en realidade non foi tanto a risa de Miguel e Antonio o que te oféndeo, como o que ti te dixeches sobre esa risa.
ANTÓN: Supoño que, para empezar, non debería ter prestado atención a esa risa estúpida.
NAI: Sempre podes elixir, Antón. Ninguén pode facerte enfadar a menos que ti o permitas, e neste caso deixacheste gañar polas túas risas.
Sempre que sexa posíbel temos que facerlle entender a lóxica das cousas. Os demais reaccionarán ante ti de calquera maneira que elixan, e se ti non superas nada das súas reaccións, non poderías ofenderte por elas.  Só te ofendes cando te enteras das súas opinións e otórgaslles máis importancia que a túa propia. Ensina os teus fillos a valorar ao máximo as súas opinións  e a elixir cómo reaccionarán, en vez de recoñecer aos demais ese tipo de poder sobre a súa vida interior.       
 
v    Ensina aos nenos a que consulten consigo mesmo acerca de cómo lles gusta disfrutar, e a que esquezan o que pensan e fan os demais.
Á hora de escoller a roupa, pregúntalle que prefiren, en vez de prestar atención á moda. Canto máis consulten os seus sinais interns  para determinar qué lles gusta e qué non lles gusta, máis dirección interna obtendrán. Cando pregunten  Como me queda ésto?, respóndelle.Cómo cres ti que che queda?. Fai que ao longo da súa vida fagan as súas propias eleccións, e cando son moi, moi mozos, apláudellas. “ Sentache moi ben ese vestido, escollichelo ti soa, é formidable".
        
v                            Demostra aos nenos que a integridade ten moito máis valor que tomar o camiño fácil para compracer aos demais.
 
Un neno íntegro, comparado con outro que "adule", ten maiores vantaxes na vida. A integridade está dentro de un mesmo, tal como a aprobación que xurde ao vivir a propia vida de esta maneira. Tratar sempre de compracer aos demais significa que a aprobación obtense de fora, e este é o camiño que conduce ó malestar e a insatisfacción.
 
Adopta cos nenos unha actitude positiva cando se opoñan a autoridade establecida e as regras sen sentido. Lembra que o medrar é imposíbel si unha persoa sempre fai as cousas como todos as teñen feito. Os nenos senten con tanta intensidade como os adultos a estupidez das regras e si lles dis que ignore a súa conciencia e sigan adiante e que se aguanten, estás ensinándolle a ser escravos en vez de persoas íntegras.
 
Axuda aos nenos a que atopen maneiras de enfrontarse ás regras e disposicións que entren en conflicto cos seus íntimos criterios, e apoia o seu desexo de cambio, en vez de recriminarlles porque teña  esas opinións.  Dilles: "estou orgulloso de ti por defender as túas crenzas", en vez de: "cálate, e fai o que fai todo o mundo", ou, ainda peor: "esquece todo eso e fai o que che digan".
 
v    Valora a túa maneira de entender a disciplina, tendo presente que non sempre é posíbel  organizalo todo sobre unha base que complaza a todos, especialmente aos nenos.
 
Si os coidas como a reis e eles fáltanche ao respecto, debes cambiar o teu comportamento cara a eles. Ao ser un criado estaslle mandando a mensaxe "os recompesaré por tratarme de esta maneira". Ca túa maneira de entender a disciplina, debes asumir a responsabilidade de ensinarlles a ser responsábels.
 
         Estas son algunhas suxestións para logra cambios importantes, que podes comezar hoxe  mesmo a por en práctica, coa fin de axudar aos teus fillos da idade que sexa  a ser persoas con maior dirección interna e máis confianza en si mesmos..
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
HABILIDADES de Comunicación
 
Entendemos por habilidades sociais o conxunto de conductas que adquire unha persoa para:
 
§        .-Tomar decisións, tendo en conta os seus propios intereses e os das persoas do seu entorno.
 
§        .- Para elaborar un xuizo crítico, compartindo criteiros e opinións.
 
§        .- Para resolver os seus propios problemas, comprender aos demais e colaborar con eles.
 
§        .- Para establecer relacións axeitadas cos demáis, satisfactorias para él mesmo e para os outros.
 
SER POSITIVO e RECOMPENSANTE
 
 
"Érase unha vez un pescador que un domingo foi a pescar ca súa barca, cando de repente viu unha serpe de auga que levaba unha rá entre os dentes. O pescador deulle pena e alargou a man, librou a rá das mandíbulas da serpe sin facerlle dano a mesma, e deixouna en liberdade. Pero entón deulle pena a serpe, que tamén tiña fame, e como non levaba nada para xantar, sacou unha botella de augardente e derramou unhas gotas na boca da serpe. Esta largouse moi leda, a rá tamén estaba contenta e o home quedou moi satisfeito cas súas accións. Pero ao rato, cando máis tranquilo estaba, escoitou sons a seu lado, e cal non sería o seu asombro ao ver a mesma serpe, con dúas rás entre os dentes”
 
 
                                          
"Fábula do home, a serpe e a rá."
 
Esta fábula, tomada do libro de habilidades sociais de López e Costa, pretende explicar:
            * Un comportamento apréndese a menudo ao marxen ou con independencia dos desexos das persoas. A condición fundamental é que dito comportamento vaia seguido de consecuencias que resulten recompensantes.
 
            * Son estas consecuencias recompensantes, e non os desexos nin os grandes sermóns ou consellos, as que impactan poderosamente no comportamento. Por isto que sin darnos conta podemos recompensar comportamentes que non desexamos.
 
            * Tamén explica porque certos comportamentos non se aprenden a pesar dos esforzos que facemos, e outros non somos capaces de facelos desaparecer a pesar do noso empeño, e como este aprendizaxe ten moito que ver ca "habilidade de ser recompensantes”
 
 
QUÉ E SER RECOMPENSANTE?
 
É a habilidade para incentivar e motivar. A través dos incentivos, a  persona recompensada pode sentirse mellor, tolera mellor as contrariedades, está máis receptiva e pode estar máis disposto a  negociación e ao cambio.
 
Implica acomodarse ás cousas de tal forma, que se asegure que unha conducta determinada vaia seguida de consecuencias que resulten agradábels o gratificantes.
 
Ex.  O noso fillo recolle a mesa. (conducta a  reforzar)
 .- Estou moi contenta de que recolleras a mesa, non sabes de canta axuda me é. Grazas. (reforzador)
 
POR QUE?
 
–         Porque te convirtes nunha persoa significativa e digna de confianza.
–         Porque aumentas a túa capacidade de influir no cambio, reduces as resistencias e aumentas a súa motivación para o cambio. Reduzas o tempo e o esforzo necesario para que se produzca o cambio, xa que estás concentrándote nos comportamentos que van na dirección adecuada.
–         Serás un modelo a observar, e probablemente a imitar.
–         Porque suscitas nesas persoas sentimentos de autoeficacia e autocontrol; e reduces os de desmoralización e indefensión.
–         Porque elevas  a túa autoestima.
–         Porque deixas de centrarte nos aspectos negativos do comportamento da persoa, e daslle máis importancia ós “puntos fortes”.
–         Contrarrestas o efecto da “profecía autocumplida” : Ex. Se continuamente andas a dicir que daste por enfermo, o máis  probable e que acabes enfermando.
 
COMO?
 
–         Debe ser sincero e honesto; non debe parecer un “latiguillo” que se usa como unha fórmula social ou un recurso para obter algo.
–         Deben darse as razóns polas cales dicimos iso. Non debemos esaxerar.
–         É importante saber QUÉ se desexa recompensar e QUÉ NON se desexa recompensar (específico e discriminativo).
–         Sempre que se poida debe facerse inmediatamente despois da realización da conducta que queremos reforzar. Pero tamén debemos elexir o momento oprtuno; xa que por exemplo un comentario positivo diante de determinadas persoas pode facer ver que o rapaz é un “pelota”.
 
 
FORMAS DE SER POSITIVO E RECOMPENSANTE
 
  1. Administrar algo recompensante despois de producirse o comportamento desexado.
  2. Un recurso moi económico e utilizar o recoñecemento e o eloxio honesto.
 
 
COMO EMPREGALO?
 
1º Buscar os comportamentos que merecen ser recompensados.
2º Elexir o momento adecuado: non son bos momentos se estás enfadado ou se o      
utilizas sempre que lle vas a pedir algo a cambio.
3º Utilizar expresións sociais positivas coma “Gustoume….”, “Felicítote…” ou “Agrádame moito…”. pero tendo en conta que non podemos engadir “coletillas” coma “xa poderías facelo así sempre”.
 
 
PARA QUÉ?
 
–         Para axudar a adquirir e desenvolver hábitos que merecen ser aprendidos.
–         Para que a persoa esté máis receptiva ás nosas mensaxes, e así crear un clima máis agradábel para a negociación e o cambio.
–         Para “informalo e guialo” das cousas que nos gustan do seu comportamento.
 
 
 
 
 
 
 
ESCOITAR OS SENTIMENTOS: EMPATIZAR
 
QUÉ É?
 
É a capacidade de porse no lugar do outro. Nos facemos cargo do impacto que lles produce un determinado problema ou unha determinada sensación.
 
POR QUE E PARA QUE?
 
–         Axuda a facerlles sentir que alguén se preocupa por eles, e así síntense mellor.
–         Redúcese a hostilidade e crease un clima máis favorábel para a comunicación e a solución de problemas; e así terá en conta solucións alternativas a un problema.
–         Estará máis disposto a escoitar tamén os teus sentimentos.
 
COMO?
 
–         Observando como se sinte o teu interlocutor e escoitando o que dí. A través da linguaxe non verbal (os xestos e os movementos do corpo) apreciamos a expresión dos sentimentos do noso interlocutor.
–         Cos teus xestos e co teu corpo. Debes adoptar comportamentos non verbais semellantes ós do teu interlocutor, e manter con él o contacto visual e unha expresión facial axeitada ós sentimentos que anda a transmitirte.
–         Coas túas palabras: “Fágome cargo…”, “Estoute escoitando e noto…”
 
 
CANDO?
 
–         Cando o teu interlocutor está expresando un problema polo que está afectado, ou cando se mostra satisfeito ou outra emoción positiva.
–         Cando observas nel un cambio brusco nas súas plabras ou xestos: comenza a chorar, detén a conversación de súpeto… Isto implica que está baixo os efectos dun sentimento ou emoción importantes.
–         Cando utiliza expresións que denotan oposición, escepticismo, ironía ou hostilidade.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

AS MENSAXES “EU”

 
 
Consiste en saber falar por un mesmo, sen imputar ou atribuir ó teu interlocutor as túas opinións, sentimentos ou cambios de conducta. É unha mensaxe sumamente respetuosa que expresa os sentimentos, opininóns e desexos sen avaliar ou reprochar a conducta dos demáis.
 
Polo tanto é unha forma de falar facilitadora e persuasiva, ao contrario que a mensaxe “ti” que pode ser obstaculizadora e facer que o interlocutor se peche. Nembargantes, estas mensaxes son adecuadas para atribuir á outra persoa aspectos agradábels.
 
POR QUE E PARA QUE?
 
–         As túas opinións e desexos teñen mayor probabilidade de ser tidos en conta.
–         Porque tes unha actitude democrática e de respecto que facilitará o compromiso e participación.
–         Porque facilitan a intimidade, e fan máis accesíbel, achegada e transparente á persoa que os utiliza.
–         Conteñen os tres criterios importantes para unha confrontación eficaz:
1.      Facilitan no noso interlocutor a disposición a cambiar.
2.      Non implican ou reducen  a evaluación negativa cara o interlocutor.
3.      Non repercuten negativamente na relación.
 
COMO?
  1. Describindo brevemente e de forma concreta a situación/comportamento que che molesta ou anda a crear problemas. Unha boa mensaxe “eu” debe limitarse á descripción breve dos feitos e non valorar, nin emitir xuicios sobre o interlocutor.
Ex. “Cando chegaches anoite ás 13.30 horas e habías dito que voltarías ás 11 h….”
  1. Sinalar as consecuencias ou efectos que dito comportamento ten sobre ti ou sobre o interlocutor. Estas teñen que ser concretas e tanxibles para que así as teña en consideración.
Ex. “Cando chegaches anoite ás 13.30 h  e dixeras que voltarías ás 11 h. (descrición sen avaliación) tivemos que esperarte ata tarde para cear e ademáis houbo discusión co teu pai… (efectos)”
  1. Expresando os nosos sentimentos o respecto.
Ex. “Cando chegaches anoite ás 13.30 h e dixeras que voltarías ás 11 h. (descrición sen avaliación) tivemos que esperarte ata tarde para cear e ademáis tivo lugar unha discusión co teu pai… (efectos), e sentinme moi mal, moi preocupada (expresa sentimentos)”.
 
 
CANDO?
 
  1. Cando desexamos expresar as nosas necesidades e problemas e pretendemos que o noso interlocutor “se faga cargo” dos mesmos.
  2. Cando desexamos expresar sentimentos.
  3. Cando desexamos suxerir cambios.
 
LEVÁNDOO Á  PRÁCTICA
 
  1. Temos que evitar expresarnos en termos de xuizos de valor, é dicir, non utilizar etiquetas coma “es un inútil” ou xeneralizacións coma “sempre fas…” ou “nunca fas…”. Unha forma de evitar o uso destas etiquetas e xeneralizacións é neutralizándoas con palabras ou frases chave que van a axudar a aprender ou a recordar a forma de facer as mensaxes “eu”.
    1. Palabras chave para describir; son expresións que enfatizan o carácter situacional da mensaxe, e así facilitan a descripción.
“Cando…”, “Estando…”
    1. Frases chave para a expresión de sentimentos.
“Eu síntome…”, “Estou sentíndome…”
    1. Frases chave para describir os efectos e consecuencias da conducta.
“Porque…”, “Esto ocasiona…”
 
  1. Debemos ter en conta que o impacto das mensaxes “eu” non depende só da construcción gramatical, senón e sobre todo, da forma que o digamos.
Ex. Non é mesmo dicir “Síntome mal” cun tono de voz lastimero e baixo, que dicilo cun tono firme e directo que suscitará respecto e non lástima.
 
 
ACORDO PARCIAL E DISCO RAIADO
 

Chegar a un acordo parcial básase en negociar un punto medio no que ámbalas dúas partes saen gañando. Hay que aceptar que os demáis tamén teñen desexos e sentimentos, e que poden ter razóns lexítimas para facer as obxecións.

O disco raiado consiste en repetir unha e outra vez a nosa posición, con tranquilidade e sen desviarse cara outras cuestións; é dicir, persistir na expresión dos nosos obxectivos, desexos e sentimentos.

Ex. “É posíbel que (acordo parcial)…., pero (disco raiado)…”
      “Non dubido que terás razóns para…, pero…”
      “É verdade o que dis, pero aínda así, desexo…”
 
 
 
 
 
POR QUE E PARA QUE?
 
A combinación de ámbalas dúas habilidades presenta varias vantaxes para a comunicación:
1. Axudanos a pensar que ninguén é perfecto.
2. Evita a perda de tempo e o desgaste emocional que vai implicar seguir discutindo.
3. Ó facer unha crítica ou reproche, moitas veces o que se pretende é poñernos á defensiva e desviar a atención dos nosos obxectivos.
4. Co acordo parcial mostras que escoitas e recoñeces a crítica ou obxección que se che fai; entón o teu interlocutor posiblemente non se vexa obrigado a repetila unha e outra vez, e ademáis sentirase satisfeito porque saberá que a súa mensaxe foi recibida.
 
CANDO?
 
  1. Cando desexamos que o noso interlocutor sexa sensíbel ás nosas posicións e que se acerque ós nosos obxetivos.
  2. Para reducir a hostilidade do nosos interlocutor.
  3. Para reiterar un obxetivo que cremos importante.
 
LEVÁNDOO Á PRÁCTICA
 
Debemos evitar que o acordo parcial sexa unha antesala rápida e pasaxeira do disco raiado; é dicir, que non pareza un “latiguillo” ou unha mera fórmula lingüística para xustificar e preparar os “pero” ou os “non obstante”. Polo tanto é importante argumentar os acordos parciais.
 

FACER PREGUNTAS

 
 
QUE É?
 
Facer preguntas é unha habilidade para obter información, xerar dúbidas ou invitar a que o noso interlocutor reflexione.
 
COMO?
 
Debe facerse únicamente unha pregunta ó mesmo tempo, non se debe andar a explicar, debemos esperar unha resposta e non debemos responder ás nosas propias preguntas.
As preguntas a facer poden ser:
–         Pechadas:
Utilízanse para obter información específica; a resposta nunca son máis de unha ou duas palabras. Ex. Pregunta:queres ir hoxe ó parque? Resposta: Sí.
–         Abertas:
Son preguntas exploratorias que se usan para facer pensar sobre os pensamentos ou os sentimentos; son respostadas por máis dunha ou dúas palabras. Ex.  A dónde pensas ir de vacacións? Quero ir a Cuba.
–         Comprometidas:
É necesario comenzar cun comentario “amortiguador” antes da pregunta. Por ex. “É normal que moitos rapaces nas súas primeiras relacións sexuais teñan problemas. Aconteceucheche algo que desexes contarme?
 
Na medida en que empregemos preguntas abertas e teñamos capacidade de escoita, facilitaremos en gran medida a posibilidade de incrementar o diálogo cos nosos fillos. Outra cuestión a non esquecer, é a necesidade de facer as preguntas no momento oportuno.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

COMO FACER CRÍTICAS E GAÑAR NA RELACIÓN

 
 
1.- BUSCAR O MOMENTO OPORTUNO. Si nos atopamos tensos, nerviosos, cargados de ira ou moi enfadados, mellor esperar a atoparnos máis relaxados e co a mente máis despexada, sinón entraremos rápidamente nunha discusión sen sentido e cargada de reproches.
 
2.- EN FILA INDIA, DUNHA EN UNHA. Sinón podemos producir que non nos escoiten.
     Efecto chorreo.
 
3.- COMENZAR DECINDO ALGO POSITIVO DA PERSOA.
 
4.- Canto MÁS  DIFÍCIL sexa o tema, telo MÁIS PREPARADO.
 
 
 
 
 
 
 
I) DESCRIBIR de forma concreta o comportamento que queremos que cambie.
 
CANDO TI ……saes polas noites; fumas un porro; falar por teléfono durante moito tempo..
 
NON XULGAR:                    Ataques
Barreiras de comunicación.
Pon ó outro á defensiva.
 
II) COMO AFECTA.
 
….eu síntome mal:  mal, triste, tensa, preocupada, son incapaz de durmir.
 
NON ACUSAR :       sácasme de quicio
posme dos nervios
vasme  matar
 
 
Os pasos I e II describen o problema.
III) EMPATÍA.
…….. entendo que ti…  : consideres que é normal, non che pareza perigoso, non lle cause problemas….( si non o sabemos, preguntar.)
 
NON ENTENDO : dixenche millóns de veces que non chegues tarde, non fumes porros .
 
IV) PROPIA RESPONSABILIDADE 
 
            … tal vez eu… estou máis sensíbel nestas cousas ; sexa un poco pesada, teña moito medo polo que vexo na rúa; non che indiquei toda as claves…..( isto é unha vacina contra as contracríticas que nos poidan realizar.
 
V) PEDIR SOLUCIÓN AO PROBLEMA.
 
            …..que podemos facer para… para que eu non me sinta tan mal, con tanto medo
 ( as peticións son polo que nos ocorre a nos, non polo que eles fan)
 
NON IMPONER : dando órdenes e non facilitamos o cambio.
 
VI) OFREZO ALTERNATIVAS DE MODO NON IMPOSITIVO…
           
…. que che parece si… (aquí proporcionamos un máximo número de alternativas…)
….. polo menos non fumas porros na casa e deixas restos dos mesmos nela….
…. chamas cando sepas que te vas retrasar…./ durmes fóra cando salas polas noites…. SI HAI CAMBIO, valorar e REFORZAR  O MESMO. 
AVISAR DAS CONSECUENCIAS POSITIVAS E REFORZARLLELAS.
 
Si sae mal, repetir de novo os pasos cambiando o ton da voz e a intensidade das peticións.
 
 
 
 
CONSUMO DE DROGAS EN MOZOS/AS
 
 
 
INTRODUCCIÓN.
 
Drogas sempre as houbo, témolas e no futuro seguirán existindo. A humanidade sempre fixo uso delas, con diferentes fins, ás veces terapéuticos, outras máxigo-relixiosos, noutros casos como evasión…
 
O fenómeno do consumo de drogas, nas súas distintas formas e  modos, as cantidades e o tipo de consumo vai cambiando co paso do tempo e as modas.
 
Actualmente esta problemática vai tomando características diferentes. O incremento de substancias ata hai pouco tempo descoñecidas no noso medio cultural, engadido as drogas asumidas tradicionalmente como o alcol e o tabaco, está a xerar unha problemática social  que excede os aspectos sanitarios e asistenciais da poboación, e preocupa a población en xeral.
Un problema tan complexo como este non ten solucións simples.
 
A familia pode desempeñar un papel clave na educación dos fillos e os comportamentos dos mesmos.
 
Aquí pretendemos  facilitar unha serie de orientación aos familiares, prioritariamente aos pais/nais, sobre que actuacións son as máis indicadas en canto a prevención do consumo de drogas e outras conductas desviadas así como o modo de actuar cando os primeiros consumos aparecen.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
COMO PREVIR O CONSUMO DE DROGAS NOS SEUS FILLOS

 

EVITE

 
·       Falarlle como si o supera todo, sen escoitar as súas opinións e vivencias.
·       Ignorar os problemas escolares e persoais dos fillos porque considera que "son cousas de nenos".
·       Adoptar medidas de coacción, sen razoar, que limiten a súa liberdade abusivamente.
·       Manter posturas excesivamente permisivas.
·       Non ter tempo para eles.
·       Ocultarlles información en todo aquilo que lles poida afectar agora e no futuro.
·       Que dependan de vostede, excesivamente e sen necesidade.
·       Que exista contradicción entre o que esixe ós seus fillos e o que vostede mesmo fai ó respecto.
·       Facer do seu fogar un sitio inaguantábel.
·       Que existan contradiccións, con respecto a educación dos seus fillos, entre o pai e a nai, ou entre estes e os avós cando conviven no mesmo domicilio.
 

 

PROCURE

 
* Sentirse a gusto con eles,  comparta actividades, decisións familiares e responsabilidades, fagaos participe no ambiente familiar  e eles participarán con vostede.
* Escoitalos e razoar cando non está de acordo coas súas opinións.
* Seguir o rendemento escolar e atender os problemas que veñan xurdindo no seu desenvolvemento.
* Axudarlles e facilitarlles a comunicación cos demais.
* Informar ós seus fillos sobre o tema dende os 10-11 anos, con veracidade e credibilidade, dosificándolles a información segundo a idade.
* Formarase para poder informar, e potenciar en todo momento o seu papel de educador.
* Reducir o consumo habitual de drogas tradicionais (alcol, tabaco, se os consume), dado que somos  un modelo.
* Suxerir actividades de tempo libre, deportivas, culturais, fomentándoas dende a familia.
* Facilitar o contacto dos seus fillos con asociacións xuvenís, grupos deportivos e culturais  alentando a súa integración en estas actividades.
* Fomentar a creatividade, ensinándolles a resolver posíbels novas situacións.
 
 
 
SI O SEU FILLO XA SE INICIOU
NO CONSUMO
 

EVITE

 
  • Desesperarse. Non todos os que se inician no consumo de drogas convírtense en consumidores habituais.
  • Culparse, nin votarllo na cara, todo o que vostede fixo por él.
  • Convertirse en perseguidor, obsesionado por seguir os seus pasos.
  • Criticalo continuamente e de modo violento o seu comportamento.
  • Empregar o castigo como único recurso para evitar que continúe consumindo.
  • Acosalo continuamente con preguntas, sospeitas, acusacións, etc, pois con isto só conseguirá que se afaste de vostede cada vez máis.
  • Desentenderse del non prestándolle atención.
 
 

PROCURE

 
* Dialogar co seu fillo analizando as circunstancias que o levaron ó consumo.
* Favorecer o acercamento do seu fillo cara vostede, indicándolle que quere e está           disposto a axudalo si o necesita.
* Mostrarlle o seu afecto polo que el é, independentemente do que faga.
* Reflexionar sobre o que pode facer polo seu fillo. Intente dedicarlle máis tempo e prestarlle algo máis de atención.
*  Reflexionar con el sobre as posíbels  formas de axudalo.
Entender que está ante un ser humano que ten problemas e non ante un problema.
 
 
             BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
 
ÁLVAREZ, A. Y otros.: Desarrollo de las habilidades sociales en niños de 3-6 años. Guía práctica para padres y profesores.
Ed. Visor, colección Aprendizaje. Libro claro e ameno para nais e docentes, no  que se explican  os principios básicos da educación: cómo se adquiren conductas; cómo facer desaparecer conductas molestas; cómo reforzar as conductas.
 
BAYARD, R.T.; BAYARD, J.:Socorro, tengo un hijo adolescente. Ed. Temas de hoy.
Magnifico libro sobre a relación familiar con adolescentes problemáticos, cómo manexar as situacións conflictivas e como analizar os nosos comportamentos contraproducentes. Escrito por unha parella de psicólogos e pais de varios fillos adolescentes.
 

BERDUN, L. En tu casa o en la mia. Ed. Aguilar. Ameno e claro sobre sexualidade, na que a psicóloga e sexóloga vai respostando a preguntas de adolescentes. Existe versión de peto moito máis barato.

 
BUCAY, Jorge: Déjame que te cuente… Los cuentos que me enseñaron a vivir. Editorial Integral. Barcelona 2003. 24ª edición.
“  Emprega contos  clásicos, modernos e populares, adaptados  polo autor a fin de axudar a resolver e pensar sobre distintos aspectos como os valores, a autoestima, a necesidade de aprobación externa..” A mayoría das historias e contos  do libro poden ser unha ferramenta  útil para axuda aos nosos  fillos a descubrir e entender aspectos propios da súa evolución.
 
CASTILLO, G. El adolescente y sus retos. Pirámide.
Trata de aclarar as peculiaridades da adolescencia, as etapas do desenvolvemento, a súa vida familiar, de estudio, e de lecer. Así mesmo, pon casos reais que o autor vai comentando.
 
CLEMENS, H.; BEAN,R. Cómo desarrollar la autoestima en los niños. Editorial Debate, Madríd, 1993.  Práctico, ameno e moi claro. Recomendaciones e suxestións sobre a mellora e construcción dunha autoestima enriquecedora.
 
GARCÍA-RODRÍGUEZ, José Antonio: Mi hijo, las drogas y yo. Ed. EDAF. Madrid 2000. Claro e de fácil lectura, proporciona a pais e educadores, unha serie de coñecementos que poden permitirlle aprender o modo de informar e educar aos seus fillos sobre o problema do consumo das distintas drogas legais e ilegais, así como da pista do que facer e non facer en caso de desconfiar de posíbels consumos e por último como axudalos si xa son consumidores. Máis centrado na tarefa preventivas.
 
GARRIDO GENOVA, Vicente.: Los hijos tiranos: el síndrome del emperador. Ed. Ariel
 
GOLEMAN, Daniel.: La práctica de la inteligencia emocional. Ed. Kairón.
 Segunda parte do libro "La inteligencia emocional", escrito de forma amena e clara, aborda aqueles aspectos esenciais na construcción da personalidade, proporcionando suxestións en aspectos educativos e relacionais dentro do ámbito familiar.
 
MEEKS, Carolyn: Recetas para Educar. Una guía que ofrece soluciones prácticas y simples para acabar con los conflictos cotidianos. Editorial Medici. Barcelona 1993.
 
Libro escrito por unha pediatra,  claro e  ameno na exposición, a modo de recetario, pretende ser de axuda á hora de solucionar conflictos entre pais  e fillos, tanto si son pequenos como adolescentes. A través dunha información esquematizada e clara aprenderá cales son as causas das discusiones cotidiás, a forma de evitalas e cómo desligarse das mesmas  de maneira productiva.
 
SAMALIN, Nancy.: Con el cariño no basta. Cómo educar con eficacia. Editorial Medici. 1993.  “ Nancy Samalin  basouse tanto na preocupación dos pais e nais  como no desenvolvemento da autoestima nos nenos para establecer unhas formas de conducta claras e consistentes. Ofrece consello sobre: cómo evitar as pelexas cotidiás; por qué os castigos non funcionan; cómo tratar os enfados; aprender a ser flexibles; resolver rivalidades entre irmáns, entre otros temas.
 
 
SAVATER, Fernando.: El valor de educar. Ed. Ariel. 13ª edición. Barcelona 2001.
Neste libro preténdese dar resposta a cuestións como: que é a educación?, que ten sido e qué pode chegar a ser?, que esperamos dela?, consiste na mera transmisión de coñecementos ou debe formar para a ciudadanía democrática?. Así mesmo tamén se abordan temas como a cuestión educativa entre a disciplina e a liberdade, o eclipse das humanidades, os límites da neutralidade escolar, o papel da familia, a formación moral e a súa relación co sexo, as drogas e a violencia etc.
 
SECADA, F. e outro.. Desarrollo de habilidades en niños pequeños. Ed. Pirámide. Este libro pretende respostar a certas cuestións do tipo: como aprenden os nenos a expresar as súas emocions?, como podemos axudarlles?, cómo se desenvolve e optimizan as habilidades perceptivas e como aprenden os máis pequenos, como construen a intelixencia e cómo podemos axudarller a desenvolvela.

SILVEIRA,Miguel. A Educar también se aprende. Alba editorial. 2ª ed. 2002. Barcelona: Claro e ameno percorrido sobre os principios básicos da educación e análise de situacións problemáticas cotidiás na relación cos nosos fillos. Está cheo de suxestións e ideas prácticas.
 
URRA PORTILLA, Javier.: Adolescentes en conflicto: 52 casos reales. Ed. Pirámide, 2004.
 
URRA PORTILLA, Javier.: Escuela práctica para padres: 999 preguntas sobre la educación de tus hijos. Editorial La Esfera de los libros, S.L. 2004,
 
WAYNER,  Dyer W.: Tus zonas erróneas. Grijalbo- Mondadori
 Un dos libros máis leidos a nivel mundial sobre autocoñecemento.   Claro, ameno e de recomendábel lectura.
 
WAYNE, Dyer W.: La felicidad de nuestros hijos. Colección Mitos Autoayuda. Ed. Mondadori. Libro moi interesante que nos facilita analizar a nosa práctica cotidiá na educación e indica como favorecer a construcción de fillos sen límites e autónomos.
 

WILKS, F.: Emoción inteligente. Planeta. Libro  práctico e ameno sobre as emocións e o seu manexo, pensado máis como libro de autoceñecemento para persoas que queiran explorar un pouco a súa vida, comportamentos e reaccións antes feitos cotidiás.

 
LIBROS SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO.
 
Sobre este tema existen centos de publicacións que en maior ou menor medida nos poden ser de utilidade.
 
BUZAN, Tony. El libro de la lectura rápida. Editorial Urano
Libro clásico sobre o método de aumentar a comprensión e velocidade léctora, con sistema de autoavaliación e corrección. Interesante para calquer estudante que desexe poder ler máis e mellor en menos tempo.
 

*BUZAN, Tony: El libro de los mapas mentales. Ed. Urano, Barcelona

ROWNTREE, D. Aprender a estudiar. Ed. Herder. Barcelona, 1985.
 
PUIG, Irene. Cómo aprender a estudiar. Ed. Octaedro. Barcelona 1992.
Pensado para alumnos con idades  entre 9 –14 anos. Claro e conciso.
 
 
 
 
 
 
 
SERAFINI, M.T. : Como se estudia. La organización del trabajo intelectual. Ed. Paidos.  Presenta de forma simple e concreta, algunhas técnicas para adquirir un bo método de estudo. A primeira parte, dirixida aos estudantes, da consellos  sobre diversos aspectos do estudo: a planificación, a lectura, os apuntes, a investigación e a exposición. A segunda parte, dirixida aos profesores, explica cómo programar  a didáctica dos métodos de estudo,  determinar o estilo de aprendizaxe dos estudiantes e afrontar o traballo na clase. A terceira parte emprega os modelos da ciencia cognitiva e da intelixencia artificial para explicar os procesos básicos do estudo.
 
DROGAS: MAS INFORMACIÓN MENOS RIESGO. Tu Guía. Plan Nacional sobre Drogas.  902 16 15 15 Interesante e gratuita guía para pais e fillos adolescentes que se consigue chamando o anterior teléfono.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
PROGRAMACIÓN DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O CURSO 2005-2006
RESUMEN DAS ACTIVIDADES 2004-2005
 
 
 O Equipo de Prevención de Drogodependencias está formado por unha educarora contratada por 7 horas ao día e un psicólogo da unidade asistencial que dedica entre un 10-20 % do seu tempo a prevención.
 
Existe un convenio de cofinanciación co Plan de Galicia Sobre Drogas dende 1997. Este convenio actualmente é bianual e comprende dende o 1 de xuño do 2005 ata ao  30 de xuño do 2006.
 
 
ÁMBITO ESCOLAR
 
         1.- ESCOLAS DE FAMILIA
                   Iniciación
                   Profundización
                   O pasado curso realizáronse 8 coa participación de 160 nais e pais.
                   Este curso están previstas 07 escolas. Unha delas organizada
conxuntamente coa federación provincial de asociación de nais e pais con fillos en colexios públicos de Pontevedra que se desenvolverá no Colexio Froebel e que vai dirixida a proxenitores e titores con fillos adolescentes. Neste curso, as escolas terán unha duración de 6 horas distribuídas en tres sesións de dúas horas con perioricidade semanal. Ante a solicitude de 16 E.F., optouse por dar prioridade a aqueles centros que o pasado ano non a desenvolveran.
 
         2.- MATERIAS DIDÁCTICOS: A EXPERIENCIA DE EDUCAR PARA A SAÚDE NA ESCOLA.
 
Alumnos dende infantil a bacharelato. De 5 a 18 anos.
         Envíanse a todos os concellos da comarca que están incluidos na área da Unidade Asistencial e que non teñan equipos de prevención: Poio, Vilaboa, Forcarei, Cerdedo, Barro, A Lama, Campolameiro, Moraña, Cotobade, Pontecaldelas e Soutomaior
 
         O pasado curso 8.796 rapaces traballaron os materiais.
         O material componse de cuadernillos para profesor e alumnos así como material didáctico complementario para os docentes a fin de facilitarlles o emprego dos mesmos.
 
En primaria o material está pensado para ser traballado por ciclos e para a
ESO por curso, neste último caso, dáselle a escoller unha vintena de actividades aos docentes a fin de seleccionar as máis axeitadas en función das características dos alumnos. O material para a ESO enmárcase en catro grandes apartados: drogas; publicidade, habilidades de relación-comunicación e autocoñecemento.
 
         No curso 2004-05 iniciamos os obradoiros de prevención de drogodependencias para alumnos de 6º de primaria, cunha duración de 6 horas distribuídos en 3 sesións de dúas horas. Ofertouse a todos os colexios de Ponteveda e estase a actuar en 8 centros cun total de 180 participantes.
 
         3.- EDUCACIÓN EN VALORES A TRAVÉS DO CINE.
Para alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria. Ofértanse dúas películas en formato vídeo, así como os cadernillos para os profesores e os alumnos. O pasado curso traballaron os materiais 1100 alumnos de 3.543 posibles do Concello de Pontevedra. Este ano incrementouse o número de colexios e alumnos participantes.
 
         4.- FAISE CAMIÑO Ó ANDAR.
Ofértase a 8 centros, o pasado curso participaron 3. Consiste na realización de sendeirismo e visitas guiadas a lugares de interés eecolóxico, os sábados, e no que participarán pais- nais, profesores e alumnos. Preténdese facilitar alternativas de emprego do tempo de lecer de xeito máis saudábel así como fomentar a convivencia familiar e escolar nun ambiente natural e lúdico. Este programa desenvolverase no presente curso conxuntamente coa Concellaría de Educación.
 
 
 
         5.- BIBLIOTECA PARA NAIS E PAIS SOBRE TEMAS DE EDUCACIÓN.
Está a disposición o servicio de préstamos de libros sobre crianza, educación, técnicas de estudo, para nais e pais interesados no tema. A maioría dos usuarios son os participantes nas escolas de familia.