10 Razóns para pertencer e traballar nunha ANPA:

1.- Porque é a nosa responsabilidade educar os nosos fillos e fillas.
2.- Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
3.- Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións destes sexan vistas con maior respecto polas administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
4.- Porque existe un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.
5.- Pola importancia de levar aos consellos escolares a presenza dos pais e as nais, organizados nas ANPA ou AFA, para defender os intereses de todos, non os individuais.
6.- Porque se, os pais e nais, non somos quen de nos motivar pola educación dos nosos fillos e fillas … por quen o faremos?
7.- Porque se, os pais e nais, non somos efectivos e participativos, como explicarlles aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade, que ser quen de expresarse, participar e corresponsabilizarse do seu propio futuro.
8.- Porque, para realizar a formación activa dos pais e nais, é necesario unir esforzos e ideas.
9.- Porque as ANPA deben traballar pola integración no seu contorno, e facer uso das instalacións do centro educativo
10.- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos e fillas.

Participar é un dereito, pero tamén un deber social