Curso formación xuntas directivas

Para realizar unha eficaz xestión da ANPA é preciso ter uns coñecementos mínimos sobre o seu funcionamento e sobre o Centro Escolar; por tal motivo cada ano organizamos “Cursos de Formación para directivos das ANPA” dirixido especialmente a todas as novas xuntas directivas que vos incorporades por primeira vez á Asociación, pero tamén a todas e todos aqueles que nunca participastes ou desexedes volver facelo.

 

Neste Curso atoparedes información e formación sobre todos os aspectos importantes relacionados co funcionamento da ANPA: as súas funcións, fins e obxectivos, o seu marco legal, como se crea, como se planifican as actividades extraescolares, obrigacións contables e fiscais, Consellos Escolares, etc.

O curso será o vindeiro 10 de maio na sede de FANPA en horario de 9.30/14.00 hrs.

Folla de inscrición