20140426_131306.jpg

Reunión comarcal coas ANPA do Deza

sábado 26 de abril na sala Forum Dezae do centro comercial Pontiñas de Lalín a Xunta Directiva de FANPA-PONTEVEDRA tivo unha xuntanza coas ANPAda comarca do Deza

A nova Xunta directiva quere realizar reunión comarcais coa intención de abrir eficazmente a Federación a toda a provincia. É necesario coñecer de primeira man a situación e a problemática das asociacións.

A xuntanza foi moi positiva as achegas das ANPA de secundaria da comarca, moi activas,  que subliñaron a necesidade de incentivar a organización de xornadas formativas sobre atemas moi importantes na adolescencia como a igualdade, o ciberacoso, a drogadicción… e dirixidos aos tres axentes de actuación:mocidade,  profesorado e familias.  Con isto queda patente que a afirmación de que os pais e nais baixamos o grado de implicación na secundaria non é real.

Un dos temas máis recurrente nestas xuntanzas é o do transporte escolar e os horarios dos centros. Dende a FANPA considérase negativo que mentres nuns centros se entra ás 9h, noutros vénse na necesidade de entrar ás 10.30h para cadrar rutas, xa que o que hai que priorizar é o mellor para o alumnado.

En canto ao funcionamento das ANPA sería moi interesante a busca de vías para facilitar algunhas xestións as asociacións como o relacionado coa protección de datos ou a asesoría fiscal a través da Federación tal como se desenvolve hoxe en día para os seguros de responsabilidade civil.

Por último destacouse a preocupación dos pais e nais sobre a LOMCE e o seu futuro desenvolvemento no próximo curso.  É necesario unir forzas e optimizar recursos, de feito a plataforma Deza polo ensino público é un claro exemplo dunha experiencia de ámbito comarcal exportable  ao resto da provincia.

A conclusión final desta xuntanza é que no século XXI debemos primar o fluxo de información entre todas as asociacións que forman a Federación,  tendo como temos,  os recursos ao alcance das mans. 

20140426_131306.jpg

20140426_112207.jpg

20140426_112239.jpg