Bases contratación ludonadal 2015

Publicamos as bases para a contratación das ludotecas de Nadal 2015. Estas cláusulas establecen as condicións que debe reunir a empresa que subministre o servizo de ludoteca de nadal dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados en centros educativos do concello de Pontevedra e nenos/as, que non estando matriculados en centros educativos do concello están empadroados no concello de Pontevedra. O órgano de contratación, dirección e supervisión será a Xunta Directiva da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA) que nomeará unha mesa de contratación para aprobar e adxudicar o correspondente contrato. As proposicións pódense remitir ata o día 17 de novembro de 2015, ás 13:30 h na propia sede de FANPA Pontevedra. Bases ludotecas nadal 2015 Anexos