Xornada “pacto pola educación”

O pasado 27 de xaneiro, o Ministro de Educación presentou o documento “Propostas para un Pacto Social e Político pola Educación”. Estas propostas baséanse, en parte, nos informes dos Consellos Escolares do Estado e das Comunidades Autónomas e abarcan desde a Educación Infantil ata a Universidade, marcando uns obxectivos a longo prazo.

Para levar a cabo os cambios que se pretenden, é imprescindible a implicación de todos os sectores afectados: administracións, partidos políticos, comunidades educativas, pais e alumnos.

Desde CONFAPA-GALICIA queremos ofrecer aos nosos asociados a posibilidade de coñecer e debater este documento e para iso organizamos unha Xornada na que participarán representantes do Ministerio e da Consellería de Educación, do profesorado e dos pais o vindeiro 10 de abril de 2010.

O programa consiste en establecer dúas sesións de mañá e tarde, con comezo ás 9,30 horas e finalización ás 18,00 que quedaría como segue:

9,30 horas     Entrega de documentación
10,00              Director Xeral do Ministerio de Educación
11,30              Pausa-café
12,00              Secretario Xeral da Consellería de Educación
13,30              Presidentes de CEAPA e CONFAPA-GALICIA
14,30              Comida
16,30              Mesa con representantes dos Sindicatos do profesorado
18,00              Clausura

Unha vez que teñamos os programas definitivos farémosvolos chegar.

Poderán asistir 3 persoas por ANPA, sendo a cargo de CONFAPA o café e a comida.

Poden descargar a “Folla de inscrición”, que debedes enviarnos cumprimentada antes do 5 de abril. Dado que o aforo é limitado, teremos en conta a orde de chegada para facer a reserva de prazas.
FOLLA_DE_INSCRIPCION_XORNADA_PACTO_EDUCACION-2010.doc

A todas as persoas que se inscriban e así o desexen, enviarémoslles o “Borrador das Propostas” á ANPA por se queren ter información previa á xornada.