Programa de actividades do centro de información á muller

CONCELLO DE PONTEVEDRA

(CIM)

Marzo a xuño de 2010

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DO CIM

 Cada obradoiro ten unha serie de requisitos específicos dependendo da poboación á que se dirixan: (mulleres, homes, xoves, desempregadas etc.)

 Teñen preferencia as persoas empadroadas en Pontevedra, tendo que achegar a nota acreditativa de residencia expedida polo Padrón Municipal.

 As inscricións ábrense na data especificada en cada actividade e, como norma xeral, a partir das 10.00 h da mañá. Non se recollerán inscricións baixo ningún concepto antes desa data e hora.

 So se recollen un máximo de dúas inscricións por persoa e obradoiro.

 Pódense mandar as inscrición por correo electrónico, así como a documentación, pero terán preferencia as persoas que estiveren a gardar cola no CIM. Isto quere dicir que, o día que se abre o prazo de inscrición, recolleranse primeiro as fichas das persoas que acudan persoalmente ao CIM e, após se teren recollidas estas, incluiranse por orde de chegada as recibidas por estoutros medios: fax  ou correo electrónico.

 DIRECCÍÓN DO CIM:  

Casa Azul    Rúa Sor Lucía núm. 2, 3º, Pontevedra

 TELÉFONO DE CONTACTO:

 900 119 741         

 DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO. :

igualdade@concellopontevedra.es

 ACTIVIDADES A REALIZAR EN PONTEVEDRA

 Bioenerxética

 

DESTINATARIAS/OS: mulleres do Concello de Pontevedra interesadas  sen límite de idade (non é necesario ter coñecementos previos ou experiencia, nin unha condición física especial)

DURACIÓN: 30 horas

NÚM. DE PRAZAS: 20

LUGAR: no ximnasio do colexio Vidal Portela 

DATA E HORARIO: do 27 de marzo ao 14 de xuño, sábados, de 10.00 h a 13.00 h

OBSERVACIÓNS: é mester vir provistos/as dun cuadrante, unha xerga, roupa cómoda e peúgos.

 

INSCRICIÓNS: A partir do 22 de marzo

 

  OBXECTIVOS

 

Captar de modo integral e, se for o caso, corrixir as organizacións psiconeuróticas relacionadas coa vivencia do propio xénero, nomeadamente, nas relacións de parella.

Encarrilar o individuo nun proceso que lle favoreza ir das personaxes á persoa mediante a acción de facerse presente na existencia como realidade relacional corporeizada.

Integrar circuítos e estrutura neurosensorial que lles permita ás persoas asistentes reinstalarse na biofilia e no vivir gozoso cada vez que na dinámica vital saúde-enfermidade nos exiliamos de nós mesmos/as.

Realizar determinado traballo corporal que incide sobre a consecución dunha psicoemocionalidade sa e viceversa.

 Danza do ventre

DESTINATARIAS: mulleres do Concello de Pontevedra interesadas

DURACIÓN: 36 horas

NÚM. DE PRAZAS:  20

LUGAR: nos baixos da Casa Azul, rúa Sor Lucía

DATA E HORARIO: 29 de marzo ao 14 de xuño, luns e mércores, de 20.30 h a 22.00 h

 INSCRICIÓNS: A partir do 22 de marzo

INTRODUCIÓN: A danza do ventre conecta a muller coa súa feminidade, xa que os órganos internos son estimulados a través de movementos específicos da rexión pélvica, abdominais e de respiración, axudando desta maneira ao descubrimento do pracer de ser muller.

OBXECTIVOS

           Aprender os pasos básicos desta danza.

           Tomar conciencia do noso corpo.

           Mellorar a saúde física, psíquica e emocional das mulleres.

           Mellorar a calidade de vida das participantes.

Fomentar a comunicación e a afectividade co traballo en grupo.

 Obradoiro de Sexualidade “Coñecéndonos”

DESTINATARIAS: mulleres maiores de 18 anos do Concello de Pontevedra interesadas

DURACIÓN: 8 horas

NÚM. DE PRAZAS:  30

LUGAR: no Pazo da Cultura

DATAS E HORARIO: do 8  ao 29 de abril, os xoves, de 19.00 h a 21.00 h

 

INSCRICÍÓNS: A partir do 22 de marzo.

OBXECTIVOS

Construír un lugar de encontro interactivo entre mulleres, co fin de explorar os múltiplos espazos que debuxan a erótica feminina.

Crear un espazo de conversa e reflexión sobre a sexualidade.

Contribuír ao coñecemento e vivenciación da sexualidade do xeito máis pracenteiro e satisfactorio.

Explorar as distintas canles sensitivas e as potencialidades da erótica feminina.

 

Taller de  Cociña

DESTINATARIAS/OS: homes do Concello de Pontevedra interesados en participaren. Se non se cubrise o nº de prazas con homes abriríase á participación de mulleres.

DURACIÓN: 16 horas

NÚM. DE PRAZAS: 20

LUGAR: comedor do colexio Vidal Portela

DATAS E HORARIO: do 8 de abril ao 27 de maio, xoves, de 20.30 h a 22.30 h

INSCRICIÓNS: A partir do 29 de marzo

 CONTIDOS:  Achegamento dos homes á cociña doméstica da man de técnicas culinarias básicas, selección de materias primas, limpeza da cociña etc.

 OBXECTIVOS:

Potenciar medidas e estratexias para a participación equitativa de mulleres e homes na sociedade.

Coñecer de forma práctica a base de calquera tipo de prato.

Aprender a se organizar na cociña.

Aprender a seleccionar as materias primas.

Intercambiar experiencias e habilidades.

 Taller de Mecánica Práctica Básica para Mulleres

DESTINATARIAS: mulleres do Concello de Pontevedra interesadas

               DURACIÓN: 16 horas

               NÚM. DE PRAZAS: 20

              LUGAR: (parte teórico-práctica) na Casa Azul e (prácticas) en taller de mecánica

            DATAS E HORARIO: do 6 de abril ao 25 de maio, martes, de 20.30 h a 22.30 h

 

            INSCRICIÓNS:  Por determinar. POSIBLEMENTE A PARTIR DO 29 DE MARZO.

 

OBXECTIVOS

Potenciar medidas e estratexias para a participación equitativa de mulleres e homes na sociedade.

Conseguir os coñecementos para facer un bo mantemento do coche.

Coñecer os dispositivos de seguridade do vehículo.

Intercambiar experiencias e habilidades.

 

I Xornadas  de Muller  Inmigrante e Traballo Doméstico

 

DESTINATARIOS/AS:  poboación en xeral do Concello de Pontevedra e, en particular, as mulleres inmigrantes.

DURACIÓN:  12 horas

LUGAR: No Pazo da Cultura

DATAS E HORARIO: venres, 23 abril, de 16.00 h a 20.00 h, e sábado, 24 de abril, de 09.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 20.00 h.

 

INSCRICIÓNS: A partir do 5 de abril

 

INTRODUCIÓN: A muller inmigrante, dada a súa situación,  ten que soportar en moitos casos condicións de traballo que se poden cualificar de abusivas. A esta explotación, é preciso engadírmoslle a indefensión e falta de información destas mulleres, que están nun país estranxeiro e descoñecen os seus dereitos.

 OBXECTIVOS

 Abordar os problemas e darlles a coñecer a estas mulleres os seus dereitos, nomeadamente, o tratamento do Real decreto 1424/1985, de 1 de agosto, que regula o Servizo do Fogar Familiar.


I Xornadas do  Consello Municipal da Muller: “Avanzamos”

DESTINATARIAS: mulleres integrantes do Consello Municipal da Muller de Pontevedra e das asociacións que representan ou que teñan vogalía da muller.

DURACIÓN: 8 horas

NÚM. DE PRAZAS: 20

LUGAR: Pazo da Cultura

DATAS E HORARIO: venres, 21 de maio, de 16.30 h a 18.30 h, e sábado, 22 de maio, de 9.30 h a 13.30 h

INSCRICIÓNS: A partir do 3 de maio.

    OBXECTIVOS:   Dotar as mulleres participantes das xornadas dun pensamento crítico dende unha perspectiva de xénero para impulsar o debate e a reflexión sobre o seu papel impulsor da igualdade efectiva entre homes e mulleres e, desta maneira, dotalas tamén dunha maior capacidade de participación social.

 

Taller de empoderamento (empowerment)

 DESTINATARIAS: mulleres do Concello de Pontevedra interesadas

DURACIÓN: 20 horas

NÚM. DE PRAZAS: 20

LUGAR: Pazo da Cultura

DATAS E HORARIO: do 31 de maio  ao  4 de xuño, de luns a venres, de 16.30 h a 20.30 h

 INSCRICIÓN: A partir do 18 de  maio

OBXECTIVOS: Promover o empoderamento das mulleres dende a auto-valoración do coñecemento que achegan as experiencias vividas e a análise das consecuencias do sistema sexo-xénero nas relacións de mulleres e homes.

Traballar o desenvolvemento de puntos fortes e competencias que lles permitan ás mulleres afrontar situacións de dificultade persoal e social, sempre dende o desenvolvemento das propias fortalezas e capacidades. Tamén acae salientar que o empoderamento é a ferramenta idónea para previr a violencia e a toma de decisións en liberdade.

 

OBRADOIROS A REALIZAR NAS PARROQUIAS A TRAVÉS DAS ASOCIACIÓNS:

 

 Risoterapia

 DESTINATARIAS: asociacións de mulleres representantes do Consello da Muller

DURACIÓN:  12 horas

NÚM. DE PRAZAS: 20

LUGAR: nos centros culturais e locais sociais das asociacións

DATAS E HORARIO:  durante os meses de abril e maio. Concretar datas e hora coas asociacións.

OBXECTIVOS

 Conseguir un estado de ánimo optimista e un xeito de pensar positivo.

Coñecer as vertentes da risa: física, psicolóxica e social.

Recuperar e desenvolver a capacidade de xogar.

Adquirir a capacidade de xerar a risa voluntaria para obter todos os beneficios na saúde.

Mellorar a calidade de vida das participantes.

Fomentar a creatividade e a abertura a novos estímulos e experiencias.

Conectar coa nena interior de cada unha.

 

 Taller de  Autoestima e Coñecemento Persoal

 DESTINATARIAS: asociacións de mulleres representantes do Consello da Muller

DURACIÓN: 12 horas

NÚM. DE PRAZAS: 20

LUGAR: centros culturais e locais sociais das asociacións

DATAS E HORARIO: concretar coas asociacións

OBXECTIVOS

                       Contribuír a que as mulleres recoñezan e asuman os valores máis destacados da súa identidade, reforzando ás súas calidades e capacidades persoais.

Mellorar a confianza e seguranza propia das mulleres como base para fomentar a súa participación en todos os ámbitos da vida social.

    Descubrir as nosas fortalezas e aspectos positivos.

     Saber recoñecer as nosas limitacións.

Análises das nosas posibilidades e reforzamento destas.

    Fomentar a autoestima.

Coñecemento da nosa personalidade.


Dietética, Nutrición e Alimentación

DESTINATARIAS: asociacións de mulleres representantes do Consello da Muller

DURACIÓN:  12 horas

NÚM. DE PRAZAS: 20

LUGAR: nos centros culturais e locais sociais das asociacións

DATAS E HORARIO: durante os meses de abril e maio. Concretar días e horario coas asociacións.

OBXECTIVOS

Conseguir un estado de ánimo optimista e un xeito de pensar positivo.

Coñecer as vertentes da risa: física, psicolóxica e social.

Recuperar e desenvolver a capacidade de xogar.

Adquirir a capacidade de xerar a risa voluntaria para obter todos os beneficios

na saúde.

Mellorar a calidade de vida das participantes.

Fomentar a creatividade e a abertura a novos estímulos e experiencias.

Conectar coa nena interior de cada unha.