A inicio desde << Federación           Domicilio:  Alfonso XIII, núm. 7 3.º andar (antigo Conservatorio) 986843412 info @ nontedurmas.org G-36020311


Resolución concurso de fotografía para as ANPA

23
xuñ
Federación Descargar este artigo en formato PDF formato PDF

Reunido o venres 18 de xuño ás 20:00 h na sede da Federación de ANPA de Pontevedra o xurado convocado para outorgar os premios do “Concurso de fotografía para as ANPA” resolve, por unanimidade conceder os premios tanto na categoría «en positivo» coma na categoría «en negativo» como se expresan a seguir: Categoría en positivo: 1º Premio: ANPA JOAQUÍN COSTA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES 2º Premio: ANPA CELSO EMILIO FERREIRO DO CEIP DA XUNQUEIRA 1 3º Premio: ANPA AGROMAR DO CEIP DE AGOLADA Categoría en negativo: 1º Premio: ANPA TEA DO CEIP FERMÍN BOUZA BREY DE PONTEAREAS 2º Premio: ANPA NOSA SEÑORA DA DORES DO CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES DE FORCAREY 3º Premio: ANPA OS VALADOS DO CEIP VILAVERDE Conforme as bases, os premios entregaranse ao mesmo tempo que teña lugar a vindeira Asemblea Xeral da FANPA PONTEVEDRA; nesa ocasión, para recoller o premio terá que estar algún representante da citada ANPA. ---- Nos vindeiros días aparecerán neste web publicados os traballos gañadores dos primeiros premios de ámbalas dúas categorías. Tanto o xurado como a Federación queren dar unha merecida en hora boa aos premiados, e tamén ofrecer testemuño do noso recoñecemento a todos os participantes polo seu traballo, que de verdade agradecemos. Non nos esquecemos de remitirvos o agasallo, un pendrive, a todas as ANPA participantes.


2 Mensaxes do foro


moderación a priori

Este foro é moderado a priori : a súa contribución non aparecerá namentres non sexa aprobada por un administrador do web.

Algunha mensaxe, un comentario?
  • (Para crear parágrafos, simplemente deixe liñas baleiras.)

Quen é vostede? (opcional)

inicio | SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Contactar | Seguir a vida do web RSS 2.0