Noraboa aos nosos/as alumnos/as do “playing in English”

O pasado día 9 de xuño, 30 dos nosos/as alumnos/as examináronse do Trinity, obtendo un resultados estupendos e cun 99% de aprobados.

O Trinity College London é  membro de pleno dereito da Association of Language Testers in Europe (ALTE)www.alte.org.

ALTE é unha asociación de institucións europeas de exames e certificados para estudantes de lenguas,fundada en 1990, que lidera o campo dos exámenes e certificación de coñecemento  das linguas.

Trinity College London é a  segunda das dúass únicas institucións examinadoras de lingua inglesa que consigue ser membro de pleno dereito de ALTE.

Entre as institucións examinadoras que compoñen ALTE atópanse entre outros a Xunta de Galicia para a lingua galega, o Instituto Cervantes e a Universidade de Salamanca para a lingua castelá, así como a University of Cambridge ESOL Examinations para a lingua inglesa.