Vacantes nas ludotecas de verán de 2017

Informamos da lista de vacantes

Case 200 prazas dispoñibles.
Preste atención ao procedemento de adxudicación indicado ao final desta nota.

Descargar lista

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/06/Vacantes_14xuño-1.pdf” title=”Vacantes_14xuño”]

O procedemento para adxudicarse a praza será por estrita orde de chegada:

  • Só se pode facer inscrición presencial na sede da FANPA
  • Poderanse solicitar desde o día de mañá, 15 de xuño, a partir das 9:30 horas
  • O pagamento da praza deberá realizarse no momento de adxudicarse a praza.
  • Deberá cubrirse a ficha de inscrición ao completo xunto coa toda a súa documentación, á vez e no mesmo acto.

En resumo:

Non se admitirán reservas por ningún outro medio que o presencial. A inscrición e a matrícula realizarase no mesmo momento, polo que deberá realizarse o ingreso na conta da FANPA (por transferencia bancaria ou por pasarela de pago) para que a praza quede adxudicada.

Os prezos non se alteran respecto do período de inscrición previa e corresponderán ao perfil de cada solicitante.