XORNADA SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL DA EDUCACIÓN EN GALICIA

A FEDERACIÓN DE ANPA DA ESTRADA (FESANPAS) TEN O PRACER DE CONVIDARVOS A XORNADA SOBRE "A SITUACIÓN ACTUAL DE EDUACIÓN EN GALICIA " QUE VAI CELEBRAR NESTE MES DE MAIO PARA AS ANPA.

 

AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO INTERESE E CONTAR COA VOSA PRESENZA.

 

A Educación deféndese dende as AULAS, dende os DESPACHOS e dende as nosas CASAS.

 

29 de maio de 2010

Sala Exposicións (Teatro Principal) – A Estrada

Nun mundo tan cambiante e diverso como o presente e en sociedades tan complexas como as actuais, a función da escola é, necesariamente, moi complexa e para levala a cabo son precisas, non só habilidades e boa disposición, senón unha formación diferente e máis completa.

 Entregámoslle á escola todas as tarefas, incluídas aquelas que antes
levaban a cabo as familias, relacionadas coa socialización, a boa educación e o civismo: encomendámoslle todo pero non nos fiamos dela.

Colaboramos pouco como pais/nais pero criticámola moito como usuarios/as do servizo, esixímoslles moito como gobernantes ou Administración pero non a dotamos de recursos necesarios para que leve a cabo a súa misión.

                PROGRAMA                           FOLLA DE INSCRICIÓN