Resumo de datos e conclusións da xuntanza das ANPA de Secundaria

XUNTANZA DAS ANPA DOS IES DO PASADO 30 DE XUÑO

Na reunión mantida coas ANPA convocadas dos IES de Pontevedra, Vilagarcía, Caldas, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Cambados, A Estrada, Sanxenxo, Vilanova, Vilalonga e Forcarei tratáronse os seguintes puntos:

Análise dos resultados da selectividade, curso 2014-2015 e 2015-2016

Analizáronse as seguintes gráficas que publicamos a continuación nas que se observa un resultado moi desigual. Evitamos publicar os nomes dos IES para evitar clasificacións de centros:

Resultados_bacharelato_2016Matriculados en 2º e presentados (cursos 2014-2015 e 2015-2016)

Presentados_Nonpresentados_2016Presentados e non presentados con respecto aos matriculados en 2º bach. (cursos 2014-2015 e 2015-2016)

AptosVersusMatriculados_2016Aptos con respecto aos matriculados (cursos 2014-2015 e 2015-2016)

Presentados_2014Alumnos presentados 2014-15
Totais xuño/setembro curso 2014-15

Actividades conxuntas

Ante a proposta dunha ANPA de facer actividades conxuntas dado que teñen escasa matriculación e participación en actividades. Comentamos a posibilidade de que a FANPA organice unha ou varias actividades para todos os IES centralizadas nun único lugar físico. Facemos unha posta en común do tipo de actividades que se poderían organizar. Poderían ser: parkut, programación, robótica, fotografía con móbil, creación de app, para o alumnado e enlace de contidos en blog, facebook, twiter…, para adultos e alumnado.

Para garantir a participación comentamos a posibilidade de facer unha presentación da actividade en horario lectivo para dala a coñecer ao alumnado, para iso a ANPA contactaría co profesorado correspondente. Unha vez feita a presentación invitaríase ao alumnado a matricularse na actividade. Se no instituto se formase un grupo mínimo faríase no centro, senón sería nun lugar centralizado común a todos.

Estratexias para a captación de socios

Para tal fin, unha ANPA comenta que subvenciona aos socios a excursión de 4ª da ESO. Outra ANPA comenta que no sobre de matrícula engade un díptico con toda a información sobre a ANPA. Subvencionar as actividades nas que se matriculen os socios é outra opción.

Outros puntos

Polo xeral as ANPA de Pontevedra non solicitaron a subvención do Concello por non desenvolveren actividades.

Acordamos xuntarnos de novo a principio de curso para concretar as actividades que poñeremos en marcha para o curso vindeiro.