Proxecto nutrilab para os nosos comedores escolares
O novo proxecto educativo que nace cun propósito claro: promover unha alimentación saudable, sostible e divertida entre os máis pequenos.
Tras a recente aprobación do Real Decreto de comedores escolares saudables e sostibles, e á espera da súa aplicación definitiva, aceptamos o reto de impulsar a educación nutricional.
Así xorde nutrilab un plan educativo que converte o comedor escolar nun pequeno laboratorio da alimentación, onde aprender, experimentar e desfrutar.
Coa colaboración de BOTICARIA GARCÍA, faremos un proxecto con propostas para as familias e accións educativas pensadas para inspirar bos hábitos desde a infancia. Ademais, un claustro de personaxes moi especial acompañará aos nenos e nenas nesta aventura, axudándolles a descubrir que comer ben tamén pode ser moi divertido.

Debe estar conectado para enviar un comentario.