Procedemento para bolsas de comedor da FANPA para o curso 2021-2022

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é logo_cartas_fanpa-e1454809260885.jpg

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 20 de setembro ata o
día 30 de setembro.


REQUISITOS DOS SOLICITANTES:

  • Estar empadroado no Concello de Pontevedra, e convivir cos menores para os que se solicita a bolsa de comedor. Os menores deben estar matriculados nun centro público do concello de Pontevedra que conte co servizo de comedor xestionado pola FANPA.
  • Non ser membro da xunta directiva da ANPA dun dos centros con servizo de comedor xestionado pola FANPA.
  • Non ter situación de impago coa empresa que presta o servizo de comedor, nin coa FANPA.
  • Non ter sido beneficiario de beca de comedor máis de dous anos consecutivos por parte da FANPA.
  • Non contar cuns ingresos per cápita superiores ó 100% do IPREM.

De non cumprir con algún dos requisitos esixidos a solicitude quedará excluída. A FANPA resérvase o dereito a solicitar documentación complementaria que xustifique a situación declarada polos solicitantes.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

A. SITUACIÓN LABORAL DOS PAIS OU TITORES LEGAIS

 SituaciónPuntuación
 FAMILIAS CUN SÓ PROXENITOR OU  UN SÓ TITOR LEGAL    
A.1Familia dun só proxenitor en situación de desemprego0
A.2Familia dun só proxenitor en situación activa10
 FAMILIAS CON DOUS PROXENITORES OU TITORES LEGAIS 
A.31 só proxenitor ou titor legal con emprego4
A.4Dous proxenitores con emprego10
A.5Ambos proxenitores en situación de desemprego0

B. SITUACIÓN ECONÓMICA DA UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA

Para o cálculo desta puntuación terase en conta os ingresos brutos anuais de tódolos integrantes da unidade familiar de convivencia. Terase en conta ós cónxuxes ou titores legais ou parellas de feito, fillos maiores ou menores de idade, ascendentes dos cónxuxes que convivan, así coma outras persoas con lazos familiares que convivan cos menores para os que se solicita a beca.

 Situación económica da unidade familiar de convivencia. Renta per cápita anual*  Puntos
B.1< 50% do IPREM anual 0
B.2 < ou igual ó 50% do IPREM e menor ó 60%10
B.3< ou igual ó 60% do IPREM  e menor ó 70%8
  B.4< ou igual ó 70% do IPREM  e menor ó 80%  6
B.5< ou igual ó 80% do IPREM  e menor ó 90%4
B.6< ou igual ó 90% do IPREM  e menor ó 100%2

*Renda per cápita: Ingresos brutos anuais da unidade familiar de convivencia, dividido entre o número de membros da unidade familiar.

**IPREM
Tal como recolle o Boletín Oficial do Estado, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2019 (Disposición adicional octoxésimo cuarta), os valores del IPREM .
  • IPREM anual: 6454,03 euros/año
LEY 3/2011, de 30 de junio, de apoyo a la familia y a la convivencia de Galicia.

 Artículo 13. Concepto.

A efectos de la presente ley, se entiende por familia monoparental el núcleo familiar compuesto por un único progenitor o progenitora que no conviva con otra persona con la que mantenga una relación análoga a la conyugal y los hijos o hijas menores a su cargo, siempre que el otro progenitor o progenitora no contribuya económicamente a su sustento.

C. SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR DA UNIDADE DE CONVIVENCIA DO MENOR

 SituaciónPuntos
C.1Incompatibilidade cos horarios de comedor por cuestións laborais.4
C.2Familias numerosas2
C.3Persoa da unidade familiar que compute para o cálculo do IPREM cun certificado de discapacidade  superior ou igual ó 33%2
C.4Menor para o que se solicita a beca cun certificado de discapacidade superior ou igual ó 33%2
C.5Ter disfrutado dous anos ou máis de beca de comedor xestionada pola FANPA0
C.6Ter disfrutado de beca de comedor xestionada pola FANPA  menos de dous anos2

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

As becas concederanse ás familias con maior puntuación de cada centro, ata agotar 3 becas por centro. O resto de familias quedarán en lista de espera por centro ordeadas de maior a menor puntuación. Para poder atender a máis familias a FANPA poderá decidir dividir algunhas becas completas en dúas de 3 días á semana.

De chegar solicitudes de situación que teñan lugar despois do prazo de presentación, incluiranse na lista de espera de cada centro según a puntuación alcanzada no lugar que lles corresponda.

No caso de empate en puntuación, terase en conta a maior  puntuación obtida no apartado B, en segundo termo a puntuación do apartado A e en derradeiro lugar o apartado C.

DOCUMENTACIÓN:

  • Folla de solicitude (ficha de inscrición no comedor) : Descargar a ficha de inscrición para Pontevedra en PDF editable
  • Padrón municipal de habitantes conxunto.
  • Documento que acredite onde está matriculado o neno.
  • Certificado da ANPA do centro de non pertencer á xunta directiva.
  • Derradeira declaración da renda e certificado da seguridade social onde figure a situación actual laboral ou de prestación de pensión ou subsidio.
  • En base ó padrón conxunto, documentación que acredite os ingresos dos membros da unidade familiar para calcular a renda per cápita. (declaración da renda de cada membro).
  • Familia monoparental, documento que acredite a falta de achega económica por parte do outro proxenitor.
  • Certificado da empresa onde se indique o horario de traballo.
  • Certificado de familia numerosa.
  • Documento do recoñecemento da discapacidade superior ó 33%.

A FANPA poderá pedir documentación adicional para clarificar calquera aspecto da solicitude.
O cambio nalgunha das situacións acreditadas suporá a reavaliación da beca.
O incumprimento das normas de comedor así coma as ausencias inxustificadas reiteradas suporá a perda da bolsa.

  • Prazo de presentación de solicitudes: dende o 20 de setembro ata o día 30 de setembro.
  • Lugar de presentación: Oficinas de FANPA Pontevedra ( Rúa Xan Guillermo 11), en horario de 9 a 14:00 horas.
  • Resolución de bolseiros o 7 de outubro. Chamarase ás persoas seleccionadas como becadas para informar da adxudicación das prazas e día de comezo da mesma.
  • Poderanse presentar solicitudes fóra deste prazo e quedarán en lista de reserva.

Comentarios0

Deixa unha resposta