Estreamos web

Desde hoxe Nontedurmas.org cambia de pel pero non de fondo.

Desde hoxe Nontedurmas.org cambia de pel pero non de fondo. Tal como anunciamos na Asemblea xeral comezamos unha nova etapa chea de proxectos e co mesmo ánimo de ser útiles ás ANPA que sempre. Unha das ferramentas principais que empregamos é a publicación deste sitio na Internet que se foi consolidando nos últimos anos. Nos vindeiros días irémola poñendo totalmente funcional e adaptándonos ao cambio xa que mudamos totalmente de sistema buscando unha presentación da información máis sinxela e eficaz.