Convocatoria ás ANPA do Concello de Pontevedra
Pola presente convócase ós representantes das ANPA do Concello de Pontevedra integradas na FANPA a unha xuntanza con data, hora e lugar que se detallan a continuación:
Data: 28 de xaneiro de 2019
Hora: 20:00
Lugar: Sede da FANPA (Rúa Xan Guillermo 9, Pontevedra)
coa seguinte orde do día:
- Colaboración na recollida de sinaturas para apoiar unha proposición non de lei para implantar a figura da enfermería escolar nos centros de ensino
- Finalización este curso do contrato de Comedor con Arume sen posibilidade de prórroga. Opcións para os vindeiros cursos. Decisións a adoptar.
- Cambio na facturación dos servizos da FANPA
- Situación actual dos convenios co Concello de Pontevedra
- Rolda de intervencións
Tendo en conta a importancia dos temas a tratar, rogamos a asistencia dalgún representante da ANPA. (Máximo tres representantes de cada ANPA)
Pontevedra, 25 de xaneiro de 2019
O secretario
Javier Sánchez Sobral
Secretaría Federación de ANPA de Pontevedra
Rúa Xan Guillermo, n.º 9,36002 Pontevedra
Apartado de correos Nº 511 36080 Pontevedra
Teléfono: 986 84 34 12
E-mail: info@nontedurmas.org
http://www.nontedurmas.org
@FANPApontevedra