Axudas de La Caixa en colaboración coa Federación e CONFAPA de material escolar para as familias en situación precaria
Prezados amigos e amigas:
Poñémonos en contacto con vós, nesta ocasión, para vos informar de que establecemos un acordo coa Fundación” La Caixa” polo que imos poder contar cun número limitado de lotes de material escolar para repartir entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria dos Centros Públicos que pertencen as nosas ANPA federadas.
A nosa intención é chegar ao maior número de nenas e nenos, dando prioridade ás familias que estean nunha situación na que se faga moi difícil asumir o custo do material escolar, máxime cando a Xunta suprimiu a posibilidade de poder utilizar o cheque para iso, limitando o importe só aos libros de texto.
Para isto é preciso nos indiquedes no prazo desta semana e co máximo rigor, o número de nenos/as que necesitarían esta pequena axuda para iniciar o curso escolar, especificando si se trata de alumnado de infantil, primaria ou secundaria. A distribución farase por parte do equipo de traballo da Fundación en función dos lotes dispoñibles e solicitados, por rigorosa orde de chegada e coa información que dende a nosa Federación e CONFAPA GALICIA lles facilita.