Finca Mouriscade, como chegar desde Pontevedra e Lalín
Hai varias rutas para chegar. Cada unha ten as súas vantaxes
Coordenadas GPS
(decimal) 42.614°N 8.1377°W
(sexaxesimal) 42° 36' 50" N 8° 8' 16" W
1. A ruta máis cómoda (e máis cara) 1h
Pontevedra-Santiago-Lalín por autoestradas de peaxe
2. A máis cómoda sen peaxe (pero máis longa) 1h40min
Pontevedra-Cuntis-Silleda-Lalín por estrada
3. A máis curta e sen sen peaxe (pero con moitas curvas) 55 min
Esta ruta ten ademais a vantaxe de que se chega á Finca Mouriscade sen ter que chegar a Lalín. Xusto antes, na Estación de Tren de Botos apártase xa para Mouriscade seguindo os indicadores. Sen perda.
Pontevedra-Forcarei-Vilatuxe-Botos(Lalín)
Se chegamos a Lalín. Orientámonos desde o centro da vila (onde está a igrexa) e buscamos saír en dirección a Botos (na dirección da Estación do Tren). Podemos saír pola Estación de Autobuses, cruzar a estrada Santiago-Ourense e meternos ata o campo de futbol de Botos. Seguimos con dirección a Vilatuxe (a de Pontevedra) e pasamos por riba da autoestrada a Ourense e uns metros despois chegamos ao cruce da Estación de Tren.
Unha vez no cruce da Estación de Ferrocarril collemos a saída para Vilanova (xa hai carteis indicando a Finca Mouriscade) e xa non ter perda. A uns quilómetros por una vía estreita chegamos.
A entrada na residencia pode ser un pouco confusa (hai dúas) pero é cuestión de metros.
Debe estar conectado para enviar un comentario.