A FANPA presenta alegacións en apoio da ANPA do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Carril en relación co servizo de comedor

No día de hoxe a FANPA presentou formalmente a queixa, cos razoamentos e alegacións contra a modificación unilateral das condicións en que se presta o servizo de comedor do CEIP Rosalía de Castro en Carril perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Educación co fin de que se anule modificación de horario que prexudica gravemente aos 181 alumnos ante a evidencia de que hai solucións aceptables que o responsable de comedores non quixo tomar en consideración.

A solución abusiva tomada polo responsable de comedores vai, entre outras razóns, contra a saúde e o consenso sobre alimentación nos centros educativos aprobado en 2010 polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e provoca que a comunidade escolar teña que opoñerse firmemente:

O teor do escrito reza como segue:

Rogelio Carballo Solla, presidente da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra, en relación coas modificacións unilaterais das condicións do servizo de comedor no CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, en Carril, Concello de Vilagarcía de Arousa, e tralo pedimento de apoio por parte da Asociación de Nais e Pais do Centro educativo

EXPÓN os seguintes feitos:

PRIMEIRO

Os pais de alumnos do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro en Carril fannos chegar o seu descontento, indignación e a mais firme oposición á medida tomada por Dº JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, respecto da modificación do horario de comedor no Centro e que consiste en desdobralo en dúas quendas.

Foi esta unha decisión salomónica tomada por Dº JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, sen consultar para nada cos 181 pais de alumnos con fillos no comedor do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro en Carril, solución que deriva dun razoamento simple do estilo que se non caben nunha quenda, partímolo en dúas, para dar solución a outro problema como é o do transporte escolar. E o que é grave ademais é que JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, inténtao vender a través da prensa á opinión pública como que iso era o que queren os pais, nada máis lonxe da realidade, iso é completamente FALSO.

SEGUNDO

O pasado mércores 30 de novembro do presente ano, chégalles aos pais a primeira información respecto desta medida adoptada por JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a dirección do centro comunícallo nunha reunión ao Consello Escolar.

A partir dese momento os pais comezan a se mobilizar vía Whatsapp e Facebook, na medida do posible pois non todos os pais dispoñen de devanditas aplicacións. O xoves, 1 de decembro, a dirección do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro en Carril, comeza a chamar por teléfono aos pais dos alumnos que están en lista de espera para entrar no comedor, sendo esta a primeira información oficial da que dispoñen os pais respecto da implantación de QUENDAS de COMEDOR ESCOLAR.

O mércores, 7 de decembro, aos pais dos alumnos usuarios do comedor escolar comunícaselles por unha circular que se envía por medio dos nosos fillos, que o luns 12 de decembro levarase a cabo o cambio de horario e funcionamento do servizo de comedor adoptado por JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

TERCEIRO

A día de hoxe, 9 de decembro de 2016, os alumnos do comedor contan 45 minutos desde que saen da aula para dirixirse ao comedor ata que son recollidos polos seus pais ou polo transporte escolar. Neste tempo, os alumnos usuarios do comedor escolar (en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos), teñen que lavarse as mans, colocarse no seu sitio, comer 2 pratos e unha sobremesa, lavar as mans e os dentes, quen o desexen, pois é o seu dereito, recoller a súa mochila, poñerse un abrigo e dirixirse á porta de saída, todo iso en 45 minutos, polo que lle poñemos de manifesto que temos constancia de que xa con ese tempo hai pícaros que se van a casa sen tomar a sobremesa porque non lles dá tempo, polo que nos gustaría saber cantos nenos máis van ser castigados sen sobremesa ou sen segundo prato, por unha decisión administrativa tomada por JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Por outra banda, coa política de que si non che dá tempo a comer vas igualmente para casa, os pais imos ter que pagar polo comedor escolar e ao chegar a casa prepararlles a comida de novo aos nosos fillos cando nos digan que teñen fame porque non lles deu tempo a comer no colexio, polo que consideramos que esta medida non vai conciliar nada a vida familiar, senón que a vai prexudicar e GRAVEMENTE.

Coa modificación que pretende implantar JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, abusando do poder que ten, os nosos fillos, no mellor dos casos, comerían en 15 ó 20 minutos, un tempo moi por baixo das recomendacións da OMS e en contra dos bos hábitos que tanto predican.

Pola miña banda,

ALEGO

Primeira

Que dispoñemos de informes médicos e de nutricionistas como documentos número …., co fin de que recapaciten e se reformúlense a medida que, de xeito evidente, é errónea e contraproducente para a saúde dos nosos fillos.

Segunda

No DOCUMENTO DE CONSENSO SOBRE A ALIMENTACIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS, aprobado o 21 de xullo de 2010 polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que é de aplicación nos centros educativos nos que se impartan ensinanazas de réxime xeral ou de réxime especial, nos que se lle forneza ao alumnado calquera tipo de alimentación e que foi revisado polos seguintes organismos:

– As sociedades científicas integradas na Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética (FESNAD).

– A Fundación Española da Nutrición (FEN).

-As asociacións de nais e pais de alumnos CEAPA e CONFAPA

– A Federación Española de Asociacións Dedicadas á Restauración Social (FEADRS).

– A Federación Española de Alérgicos a Alimentos e Látex (AEPNAA).

– A Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE).

No apartado 1º, XUSTIFICACION E MARCO LEGAL, dise textualmente: «como apunta a Organización Mundial da Saúde (OMS) na súa iniciativa global de saúde na escola, o centro educativo é un espazo significativo para a adquisición de coñecementos teóricos e prácticos sobre a saúde e nutrición pola cantidade de tempo que permanecen os nenos e nenas nel e pode converterse nun dos alicerces básicos na prevención da obesidade, incidiendo sobre a modificación dos hábitos alimentarios inadecuados que están instalándose na sociedade actual. O comedor escolar desempeña unha destacada función social e formativa».

No apartado 2º, veñen recollidos os OBXECTIVOS DO COMEDOR ESCOLAR, educación para a saúde, hixiene e alimentación, educación para a responsabilidade, educación para o lecer e educación para a convivencia, obxectivos que non se van a poder desenvolver ou cumprir no comedor do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro en Carril, coa modificación de horarios que pretende implantar JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o que supón xa non un agravio comparativo co resto de centros escolares con comedores escolares xestionados pola XUNTA DE GALICIA, en Vilagarcía de Arousa, senón cos 188 que xestiona aproximadamente na provincia de Pontevedra, ou cos 426 que xestiona aproximadamente en toda GALICIA.

No apartado 4º, ORGANIZACIÓN DO SERVIZO DOS COMEDORES DE CENTROS EDUCATIVOS, no seu punto 4.2 «Duración das comidas», dise textualmente: «Co fin de que o alumnado dispoña do tempo suficiente para que poida gozar da súa comida de forma relaxada, o tempo dedicado ao desenvolvemento da mesma, en cada quenda, NON DEBERA SER INFERIOR A 30 MINUTOS, ampliando esta duración no que estime necesario nos grupos de menor idade e naqueles con necesidades especiais». No ano 2005 o Ministerio de Educación acepta as recomendacións alimentarias propostas pola Organización Mundial da saúde (OMS).

No decreto 13272013, de 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación, faise fincapé na adquisición de bos hábitos alimentarios, que JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fai saltar en mil pedazos esnaquizándoos completamente coa medida que seguindo asd instrucións da Consellería de Educación, se vai implantar no CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro en Carril, a partir do próximo luns 12 de decembro, segundo a circular que a directora do Centro lles fíxonos chegar aos pais o día 7 deste mesmo mes.

Terceira

Outras cuestións ou preguntas a destacar e que nos facemos constantemente son as seguintes:

1º.- Onde, como e con quen van estar os nosos fillos mentres esperan a que acaben os seus compañeiros para comer?

2º.- Quen nos garante que os da segunda quenda teñan o comedor limpo e en boas condicións hixiénicas?

3º.- De quen será a responsabilidade de que a comida da segunda quenda chegue quente aos nosos fillos?

A todo isto debemos engadir que para traballar no comedor escolar o único requisito necesario é estar en posesión do carné de manipulador de alimentos, é dicir, que non posúen ningunha titulación que os acredite como que están cualificados e, polo tanto, poden traballar coidando aos nosos fillos, no tempo de espera para comer. Polo que os pais NÉGANSE TAXATIVAMENTE a que unha persoa sen a titulación requirida este ao cargo de 100 escolares á espera da súa quenda para comer.

Co afán de aforrase o diñeiro, damos por feito que o persoal do comedor quedarase como está, ou polo menos así se nos fixo chegar. O que quere dicir, que aos pais váisenos facer pagar a mesma cantidade de diñeiro, por un servizo que vai ser mermado en calidade e que non conta coas condicións mínimas de seguranza para a custodia dos nosos fillos (recordemos que moitos deles son pícaros de 3, 4, 5, 6 anos e así ata os maiores de 12 anos) durante esa media hora en que se lles fai esperar mentres ven como os seus compañeiros comen.

Por todo iso recordámoslle que no DOCUMENTO DE CONSENSO SOBRE A ALIMENTACIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS, aprobado o 21 de xullo de 2010 polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, que é de aplicación nos centros educativos nos que se impartan ensinos de réxime xeral ou de réxime especial, nos que se forneza ao alumnado calquera tipo de alimentación, no seu apartado 4º ORGANIZACIÓN DO SERVIZO DOS COMEDORES DE CENTROS EDUCATIVOS, no seu punto 4.4 trata da Formación e cualificación do persoal encargado da atención e coidado do alumnado no comedor escolar, e que coa medida que se pretende impoñer, se incumpren completamente, quedando feitos trizas.

Cuarta

Cónstanos que desde a ANPA do centro fixéronlles chegar outro tipo de solucións para intentar resolver o problema. Solucións que nin si queira se teñen dignado en considerar na Consellería. Solucións, coas que se conseguiría resolver os problemas que nos aqueixan. Por unha banda, permitirían conciliar a vida familiar de alumnos con domicilios mais afastados, aos que non poden recoller, pero si poden ter tempo dispoñible para poder comer en casa coa súa familia e por outra banda, a redución da lista de espera para entrar no comedor como consecuencia do abandono da praza dos alumnos anteriormente mencionados.

Quinta

O que queremos os pais, é que se vele polo benestar dos nosos fillos e non que á hora da comida se convirta nunha carreira nada beneficiosa para a saúde dos nosos fillos a costa de reducirlles o tempo normal e lóxico estimado para que un pícaro estea na mesa para comer. Prexudícase a 180 alumnos, para que poidan acceder 20 nenos máis ao servizo de comedor, pois así o único que se vai conseguir é que no canto de ter un problema con 20 alumnos, pasen a telo 200 alumnos.

Polo exposto,

SOLICITO

Que se teña por presentado este escrito, e con el por expresadas as exposicións e feitas as alegacións que contén, e, en virtude do cal se proceda a darlle trámite, deixando sen efecto a medida de cambio de horario e funcionamento do servizo de comedor adoptado por JAVIER LOURIDO AMEIJEIRAS, responsable de comedores da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en relación co CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Carril e que van a entrar en funcionamento o vindeiro luns 12 de decembro.

Por ser así de Xustiza que pedimos desde a FANPA, o 9 de decembro de 2016.

Presidente da FANPA de Pontevedra

Asdo.: Rogelio Carballo Solla

Sr. Secretario xeral

Secretaría Xeral Técnica

Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Santiago de Compostela