Trocalibros de Pontevedra 2019-2020

https://i1.wp.com/trocalibros.pontevedra.gal/img/logo-trocalibros.png?w=1400Ao igual có ano pasado, o Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Benestar Social, informa que xa está operativa a plataforma de intercambio de libros trocalibros.pontevedra.gal na que as familias cuxos fillos e fillas estudan en centros educativos da nosa cidade se poidan poñer en contacto para intercambiar os manuais de texto que aínda están operativos para o curso 2019-2020.

O seu manexo é sinxelo. As familias deben facerse usuarios/as da plataforma e logo encher no sistema os libros que ofrecen e os libros que solicitan. Se eses libros foron ofrecidos por algunha familia o sistema lle facilita os datos de contacto.

Non se pode garantir que estean dispoñibles os libros que se solicitan. O éxito do sistema depende da achega das familias. Cantas máis familias e cantos máis libros se ofrezan máis opcións haberá para todas elas.

Hai unha serie de requisitos:

1.- Os escolares deben estar cursando estudos en centros educativos da cidade.

2.- O intercambio abrangue os cursos dende 3º de primaria e ata 2º de bacharelato (os libros de infantil e ata 2º de primaria non se poden volver a usar).

3.- Os libros deben estar en bo estado.

4.- Non se pode pedir ningunha cantidade económica polos libros, o intercambio é de balde.

Todos os aspectos que se consideren que se poidan mellorar de cara aos próximos cursos o fagan saber ao e-mail de contacto da plataforma.