Resolución axudas económicas para o alumnado que fai formación práctica

Orde do 17 de novembro de 2010 pola que se resolve a convocatoria do 3 de maio de 2010, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

RESOLVO:

Primeiro.-Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2010, primeiro prazo, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, oficina de atención ao cidadán, e nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria