Publícase a orde de solicitude de axudas para familias con bolsas de comedor

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Nota: nese momento a solicitude aínda non se pode tramitar ata mañá

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED601B&ano=2020&numpub=1&lang=gl

Obxecto

Destinadas a familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

Importe

É de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo. Esta orde compensará os días lectivos suspendidos (9+2+3) e faise unha previsión sobre os vindeiros 14 días de abril no caso de prórroga da suspensión do servizo (28 días lectivos en total).

Os pagamentos realizaranse en dous tramos correspondentes cada un a 14 días.

Solicitude a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal)

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.

Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación (FNMT ou Chave365), arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos.

Prazo

Ata o 6 de abril

Fonte: DOG Núm. 62