O entroido en Galicia

Galicia vive nestes días unha das súas mellores e bonitas festas.Ao longo da nosa xeografía atopamos con tradicións ben distintas e todas cun encanto especial.

O Carnaval en Galicia  recibe o nome de Entroido que deriva do latín "introitus", entrada,comezo do ano ou primavera .Acostúmase chamar tamén entroidos as mascaras, especialmente as mal vestidas.  As comparsas chamanse entroidadas.

  A orixe desta festa non ten sido determinada dun xeito preciso . Ten semellanza con certas festas paganas da antigüedade mais recibe unha influencia cristia,(son os días previos a entrada na coresma (periodo de tempo dedicado ao xexún e á penitencia ).

  As características do Entroido son as seguintes:

  – Caracter ritual: É unha festa chea de ritos con moitas cerimonias. É un rito vestirse de mascara, comer a cachucha e o rabo do porco, as filloas, orellas de frade e outras larpeiradas ; son un rito o botar farelos uns aos    outros , as bromas… O rito principal consiste en representar o Entroido nun boneco de palla vestido, pasealo algúns días e logo sacrificalo e soterralo ( nalgúns lugares a este ritual modernamente se lle chama o enterro da sardiña ).

  – Os días de Entroido son días en que está permitido o que non está no resto do ano, pódense facer cousas que noutro tempo parecerían moi mal (bromas pesadas, roubar os potes das casa , as mascaras descobren defecto e feitos da vida das persoas…)

  – As mascaras teñen os seus dereitos . Hai nos veciños a obriga de recibilas nas casas, de agasallalas con regalos, comida ou cartos.

  – O Entroido presenta en certo aspecto "o mundo ao revés". Nas aldeas maniféstase esta inversión das cousas.por exemplo, na tendencia a vestírense os homes de mulleres e viceversa. Hai un dito que dí " No Entroido o feo é bonito".

  – O Entroido parodia a vida dun xeito caricaturesco . Os oficios,cargos públicos,corporacións municipais,a xustiza, as cerimonias da igrexa… son ridiculizados durante estes días. A mesma vida dos veciños nas distintas localidades é materia de crítica social; no denominado " Sermón do Entroido", en cantos e coplas,  dáse a manifestación das parvadas, ridiculeces de tales ou cales persoas.

 Días sinalados:

  Os tres días clasicos do carnaval son o domingo, luns e martes, en moitos lugares chámanlle "O Santo Entroido ", e normalmente non se traballa. Pode haber unha certa licencia o luns pero de ningún xeito o domingo e o martes. A quen pillen traballando póñenlle diversas penitencias, a máis común unha multa consistente en pagar o viño aos que os descubriron . As festas deses días consisten en baile e música con gaita e pandeiro. O domingo,polo regular, os mozos e mozas andan polas casa recollendo cartos para os músicos e cousas de comer para facer unha merenda.  A saída da Misa xa empeza a troula e as máscaras.

  Estas máscaras atópanse neses tres días en todas as cidades , vilas e aldeas de Galicia. Reciben distintos nomes segundo a zona : mascaritas, entroidos, felos, mecos, piliqueiros…  Os disfraces son moi variados,  non obstante hai certos tipos tradicionais que acostuman levar un nome especial.  O disfraz farrapento, feito con roupa vella  (choqueiro, borralleiro) está en todos os lugares de Galicia. Outros son característicos dalgunha zona ( cigarróns en Ourense,charrúas en Allariz,cabicheiros ou merdeiros en Vigo…).

  As máscaras andan moitas veces xuntas formando comparsas,sobre todo cando van visitar pobos forasteiros. Acompáñanse de música (guitarras, bandurrias , frautas e pandeiretas ) e tocan e cantan pezas compostas especialmente para o caso. Nalgunhas ocasións poden, mesmo, representar farsas etc.

  Amais deses tres días importantes, hai algúns sinalados : O domingo fareleiro(quince días antes do de carnaval) no cal se botan farelos ou fariña os mozos e as mozas; O xoves de compadres (xoves seguinte ao domingo fareleiro) con distintos rituais que representan simbolicamente a guerra entre os dous sexos . O domingo corredoiro  (o anterior ao de carnaval) no que, ademais dos farelos, comeza a usarse a auga,desde as ventás ou na rúa – hoxe en día utilízanse "confettis" e serpentinas -. O xoves de comadres (xoves seguinte ao domingo corredoiro ) no que se repite a cerimonia do anterior de compadres; Finalmente o mércores de cinza coa queima do Meco ou, noutro lugares, o enterro da Sardiña.

  As comidas características destas festas son predominantemente a base de porco e algúns postres especiais. A cachucha, o rabo, o lacón con grelos, os chourizos cómense en cocido con patacas, touciño, xamón… Como postres temos as filloas e as orellas de frade .

 Fonte: IES MARÍA CASARES