Guía para abordaxe dos problemas de conduta no ámbito educativo
A Consellería de Educación acaba de publicar un importante manual de procedemento no ámbito da convivencia escolar que establece un novo modelo de actuación da comunidade escolar no caso de incidentes de comportamento. Esta nova guía cambia moi substancialmente a perspectiva vixente ata agora do Procedemento corrector de condutas aparentemente contrarias á convivencia. Este novo procedemento recibe o nome de Procedemento educativo de acompañamento (PEA).
Basicamente é unha nova idea de afrontar estas realidades entendendo o conflito como parte da vida e como oportunidade para aprender, co recoñecemento de que a conduta humana é un fenómeno complexto, multicausal e cun propósito comunicativo. Este cambio de mirada, pretende afrontalos desde unha vía educativa e de acompañamento.
/Orixe: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49251

Comentarios0