Convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo: do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026.

Son tipos de axudas directas e subsidios destinados a alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

1. A quen van dirixidas?

Están destinadas a estudantes que presentan necesidade de apoio educativo derivado de catro situacións específicas:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista (TEA).
  • Altas capacidades.

2. Estudos incluídos

Dependendo da situación do alumno, as axudas pódense solicitar para diferentes niveis educativos:

  • Educación Infantil, Primaria e ESO: Dispoñibles para discapacidade, trastornos graves e TEA (en Infantil non se aplican as axudas para Altas Capacidades).
  • Estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP de Grado Medio e Superior, Enseñanzas Artísticas Profesionais): Dispoñibles para os catro perfís.
  • FP Básica e Programas de Transición á Vida Adulta: Só para discapacidade, trastornos graves e TEA.

3. Tipos de axudas directas e contías

Pódense recibir unha ou varias axudas en función dos servizos ou apoios necesarios:

  • Ensenñanza: Ata 862 € (só para centros privados non concertados).
  • Transporte interurbano: Ata 617 € (se o centro está nunha localidade distinta ao domicilio).
  • Transporte urbano: Ata 308 € (por discapacidade e distancia, incompatible co interurbano).
  • Comedor escolar: Ata 574 €.
  • Residencia escolar: Ata 1.795 €.
  • Transporte para fin de semana (internos): Ata 442 €.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: Ata 913 € por cada unha.
  • Subsidio para gastos adicionais (artigo 7): Unha contía fixa de 400 € para todos os perfís (excepto altas capacidades).

ℹ️ Nota para Altas Capacidades: Este perfil ten unha axuda única e específica de ata 913 € destinados exclusivamente a financiar o apoio educativo (programas específicos) que precise o alumno.


4. Subsidios para familias numerosas

Existen subsidios que non requiren comprobar a renda familiar, dirixidos especificamente a familias numerosas que teñan fillos coas necesidades descritas (excepto altas capacidades) para cubrir gastos de comedor (ata 574 €) ou transporte (urbano ata 308 € ou interurbano ata 617 €).

Toda a info:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Comentarios0

Deixa unha resposta