A Xunta colabora coa Cruz Vermella para poñer á disposición das familias con dificultades económicas a Tarxeta Básica, que poderá tramitarse a partir de mañá

Sobre a tramitación desta nova tarxeta básica, a conselleira trasladou que se poderá realizar ben a través dos servizos sociais dos concellos ou ben a través de Cruz Vermella a partir de mañá mesmo. Será un trámite sinxelo en puntos próximos aos cidadáns, o que permitirá, concretou, que os posibles beneficiarios poidan recibir a tarxeta no prazo máximo de 72 horas. O obxectivo fundamental, aseverou, é que as galegas e galegos con dificultades poidan facer uso desta axuda no menor tempo posible e recuperarse así das consecuencias socioeconómicas xeradas pola emerxencia sanitaria da covid-19.

Fonte: A Xunta colabora coa Cruz Vermella para poñer á disposición das familias con dificultades económicas a Tarxeta Básica, que poderá tramitarse a partir de mañá – Xunta de Galicia