XV Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga), en colaboración coa Federación Galega de Xoiaría, convoca o XV Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.
Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
NOVIDADE: Nesta edición recoñecerase e poñerase en valor o traballo do centro educativo, anpa ou obradoiro de actividades extraescolares que, en base aos deseños recibidos, máis se implicase no adecuado desenvolvemento do certame e incentivase a participación entre o alumnado.
O concurso está aberto a nenas e nenos de Galicia, de 0 a 12 anos (inclusive) e divídese en catro categorías:
▪ Ata os 4 anos incl.
▪ De 5 a 7 anos incl.
▪ De 8 a 10 anos incl.
▪ De 11 a 12 anos incl
Os dípticos de participación pódense:
- descargar das paxinas web www.coxga.es e www.fgxoieiros.es ou premendo aquí.
- recoller en calquera dos establecementos colaboradores (consultar o listado na nosa páxina web www.coxga.es)
- solicitar á oficina do COXGA (teléfono 981 598 858 ou correo-e info@coxga.es)
O prazo de presentación dos deseños remata o luns 31 de marzo e pódense entregar en:
- calquera dos establecementos colaboradores. Consultar listado en www.coxga.es
Máis info:
Debe estar conectado para enviar un comentario.