Programa “Depo Aventura A Lanzada 2017”

OBXECTO

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada” 2017 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.

Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán  participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

OBXECTIVOS

  1. Fomentar o contacto coa natureza
  2. Ensinar a desenvolverse nun medio non habitual
  3. Potenciar a motricidade e a maduración persoal
  4. Ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva
  5. Desenvolver a sociabilidade entre as e os menores
  6. Inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico
  7. Fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza
  8. Darlles a oportunidade de participar a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de marzo ao 3 de abril de 2017
Os formularios para a inscrición estarán dispoñibles a última hora da mañá de hoxe

Información:

Almudena Cons ( trabajadora social, ext. 41229) e Susana Alejandre ( aux. Administrativa, ext. 41217)

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/03/DESCARGABLE-copia.pdf” title=”DESCARGABLE copia”]