Programa de actividades municipais de maio “mes de lingua”

Venres 12 de maio:

Remata a semana de teatro de Ben Veñas, Maio, no Teatro Principal. Entrada libre:

– Ás 18 h As asembleístas. Grupo de teatro Os Autorizados do IES Torrente Ballester.

– Ás 20.30 h Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro. Grupo de teatro do IES Sánchez Cantón.

Sábado 13 de maio:

– Ás 9.30 h III Maratón fotográfico Saca a Lingua na Casa da Luz.

– Ás 12.30 h Vermú entre libros con Ramón Caride acompañado por Calros Solla, na libraría Paz.

– Ás 17.00 h Certame musical Ben Veñas, Maio. Concurso de música e entrega dos premios dos certames de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, curtametraxes e música, a partir das 17.00 h, no auditorio do Pazo da Cultura.

– Ás 21.00 h Avelaíña Teatro presenta A Lola, no local da Sociedade Cultural Deportiva de Mourente.

– Ás 23.15 h Concerto pola lingua da banda galega de rock Superoito, na praza das Cinco Rúas. Se chove será no Pequeno Karma (rúa Marqués de Riestra, 34)

Domingo 14 de maio

– Ás 9.00 h roteiro polas beiras do Lérez con saída do mosteiro de Lérez. Percorrido circular, 14 km. Duración aproximada 4 horas. Dificultade media.

Luns 15 de maio:-

– Ás 12.30 h Programa de radio especial das Letras Galegas, en directo no IES Torrente Ballester.

– Ás 20.00 h no Teatro Principal proxectarase, con entrada libre, a película Psiconautas, os nenos esquecidos. Alberto Vázquez e Pedro Rivero, 2015, 76 min. Non recomendada para menores de 16 anos. É a adaptación animada da novela gráfica homónima de Alberto Vázquez. Está protagonizada por Birdbov e Dinki, dous amigos que decidiron fuxir dunha illa asolada por unha catástrofe ecolóxica: Birdboy foxe illándose do mundo; Dinki emprende unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a acompañe. Recibiu numerosos premios: Goya 2016 (Mellor Longametraxe de Animación) Premios do Cinema Europeo (nomeado a Mellor Filme de Animación) Annecv 2016 (Sección Oficial) Xixón 2016 ( Sección Oficial) Anilogue 2016 (Mellor Longametraxe) Lund 2016 (Premio do Público) Stuttgart 2016 (Mellor Longametraxe Animada) Donostia 2015 (Premio Lurra)

Martes 16 de maio:

– Ás 18.00 h A lingua nas rúas de Pontevedra. Camiñada sobre Castelao con Roberto Rivas e Susana Pedreira, desde a praza da Ferraría. (30 min.) Esta actividade sofre unha variación sobre a data prevista. Inicialmente estaba programado para o martes 23 pero adiántase para o martes 16.

– Ás 17 h Apego. Obradoiro de xogos e xoguetes, con Brazolinda, na Casa da Luz. Para familias con peques de 3 a 6 anos Cómpre inscrición: www.pontevedra.gal/apego/

– Ás 20.00 h Concerto musical no local social do Burgo, rúa Manuel Murguía, núm. 1. Poemas musicados de Rosalía de Castro polo grupo Caruma.

– AVISO: por problemas da produtora Millo Filmes, completamente alleos ao Concello de Pontevedra, cancélase a proxección do documental Contando a Carlos Casares, que estaba programado na Casa das Campás ás 20.15 horas.

Mércores 17, Día das Letras Galegas:

– Ás 12.00 h desde a alameda de Santiago de Compostela sairá a manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego co lema “en galego, sen límites”. Haberá autobuses desde Pontevedra para os que hai que reservar praza con antelación no enderezo electrónico queremosgalegopontevedra@gmail.com ou chamando aos teléfonos 986 852 950 e 986 866 205.

– Ás 10.30 na praza de Santa María, simultáneas de xadrez e homenaxe a Carlos Casares

– Ás 19.30 na praza de Curros Enríquez, alfombra floral e acto popular en homenaxe a Carlos Casares. Recital poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da asociación sociocultural O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra

Letras Galegas en Xeve, no centro cultural de Santa María de Xeve, xogos populares toda a xornada e:

– ás 10.00 h Andaina ao Pazo Gondar, música e poesía (3 horas). Leva a túa poesía para a lectura;

– ás 14.30 h Xantar popular. Información e reservas: 986904678, 649177409;

– ás 16.30 h lectura dramatizada homenaxe a Carlos Casares. Violín: Marina Hermida;

– ás 19.00 h Coro de Xeve.

Podedes atopar máis información  na seguinte ligazón http://www.pontevedra.gal/

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/05/programaweb.pdf”]

Manifestación en Santiago da Plataforma “Queremos Galego”

Ademais, informámosvos que se queredes acudir á manifestación convocada por Queremos Galego co lema “en galego, sen límites” en Santiago de Compostela o 17 de maio, a organización pon varios autocares para os que cómpre reservar praza no enderezo electrónico queremosgalegopontevedra@gmail.com ou chamando aos teléfonos 986 852 950, 986 866 205. A saída de autobuses será ás 10.30 h desde o pavillón municipal dos deportes de Pontevedra.